Paulo Ríos apelou a un transporte público eficaz e medidas concretas para rematar coa discriminación dos galegos e galegas que viven no medio rural
Santiago de Compostela, 4 de outubro, 2023. O portavoz de Mobilidade do BNG, Paulo Ríos defendeu unha proposición non de lei na Comisión de Ordenación do Territorio, instando á Xunta a “impulsar as medidas necesarias para mellorar o transporte público por estrada no rural galego”.
Para o parlamentario, este servizo, nos últimos tempos está a vivir “un grave deterioro” coa perda de paradas e traxectos e incrementando os atrasos. Resulta unha verdadeira odisea, dixo, utilizar o transporte públicos entre as cidades porque as conexións dende o rural son “escasas e cunha elevada duración nos traxectos”.
Tras a resposta do portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro que acusou a nacionalista de esaxerar a situación, Paulo Ríos criticou que o PP persista na “súa falta de sensibilidade” para resolver un problema que afecta a un gran número de usuarias e usuarios. Concretamente, dixo, ao colectivo de estudantes universitarios que cursan os seus estudos fóra da provincia e que deben asumir “traxectos que multiplican a súa duración por catro” comparado cun vehículo privado. Ademais, as persoas maiores de 21 anos que utilizan o servizo “non teñen recoñecido o dereito ás bonificacións da tarxeta Xente Nova”.
Na súa opinión, o problema radica na “falta de planificación e execución das políticas públicas de mobilidade interurbana no rural”, e non facilitar un desprazamento máis limpo e barato, obrigando ás persoas usuarias a depender, en grande medida, do vehículo particular.
Dende o BNG, recalcou , consideramos que debe ser unha unha prioridade para o goberno mellorar a calidade de vida con servizos de calidade que permiten fixar poboación no rural, de aí a urxencia de actuar en materia de mobilidade.
Transporte de proximidade baixo demanda
Na defensa da proposta, o deputado volveu a apelar á igualdade de dereitos recalcando que vivir no rural non debe implicar a ausencia de servizos fundamentais e as vilas deben contar coas mellores conexións coas cidades e lugares de referencia en materia de servizos sanitarios, administrativos e educativos .
Nesta liña, Ríos propuxo despregar “unha liña de transporte de proximidade baixo demanda que funcione”, para poder unir os lugares e as aldeas cos centros das vilas e facilitar así o uso dos servizos fundamentais. Por outra banda, tamén é necesario que estas vilas teñan unhas mellores conexións coas cidades ou lugares de referencia en cuestión de servizos sanitarios, administrativos ou educativos.
Finalmente, indicou que é preciso abordar unha intermodalidade funcional co fin de “vertebrar o territorio” mediante un transporte público eficaz, sostible e que non discrimine aos galegos e galegas pola súa orixe ou residencia. “Deixen de castigar á poboación do rural e de seguir considerándoos galegos e galegas de segunda”, concluíu.























A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



