Rosana Pérez subliña a falta de estudos sobre os efectos que os parques eólicos poden ter nos caladoiros e advirte contra o modelo enerxético do espolio
Santiago de Compostela, 24 de outubro, 2023. Pleno A deputada Rosana Pérez acusou este martes a PP e PSOE de levar a cabo un “auténtico exercicio de escapismo” logo de terse amosado en contra dunha proposición non de lei do BNG para solicitar de novo ao Goberno de España a retirada dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM) que, advertiu, rexeita de maneira unánime o sector pesqueiro galego.
Rosana Pérez defendeu no Pleno a iniciativa reclamando a retirada dos POEM o mesmo día no que se presentaba no Parlamento da UE o informe do Tribunal de Contas Europeo que, explicou, demostra que a aprobación destes plans “levouse a cabo sen a información suficiente e sen analizar as consecuencias que pode ter a eólica mariña sobre os ecosistemas e a afectación ao sector pesqueiro”.
“Deixa claro que dende o punto de vista medioambiental, social e económico, a eólica mariña, a día de hoxe, non é sostíbel”, salientou aludindo ás conclusións do informe especial sobre enerxía renovábel publicado no mes de xullo. Dito informe, subliñou tamén, advirte de que as repercusións da implantación da eólica mariña non están suficientemente estudadas e fala abertamente da perda de postos de traballo no sector pesqueiro, que xa ten presentado un recurso diante da Xustiza.
A deputada do BNG fíxose eco ademais das inquedanzas dos e das profesionais da pesca en Galiza pois, segundo argumentou, “son moitas as voces que cuestionan non só os propios POEM senón tamén un modelo arrasador dun xeito de vida, de miles de empregos directores e indirectos e duns ecosistemas sobre os que non existen a día de hoxe estudos suficientes que demostren que non van ser afectados pola éolica mariña”.
No mesmo sentido, mencionou ademais o informe do Observatorio do Litoral da UDC, que serviu de base para o recurso da Plataforma en Defensa da Pesca, e segundo o cal non se tiveron en conta os principios de cautela e precaución, nin se analizaron os impactos ambientais, sociais ou de sostibilidade.
Logo de escoitar aos deputados de PP e PSdeG, aos que acusou de dar as costas ao sector pesqueiro, Rosana Pérez insistiu na necesidade de defender os caladoiros galegos dun modelo enerxético baseado no espolio. E lamentou que populares e socialistas teñan asumido que “unha vez máis, Galiza ten que ser o que decidan as grandes empresas do IBEX e os seus aliados nos gobernos de España e da Xunta”.



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



