Os encontros abertos á veciñanza serán o luns en San Ciprián, en horario de 18:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura, e o martes na Casa do Concello, en Cervo, de 19:00 a 21:00 horas
Cervo, 12 de outubro de 2023. O Concello de Cervo vén de poñer en marcha a campaña divulgativa e informativa “Súmate ao Marrón, ten moita vida”, co obxectivo de achegar á veciñanza toda a información relativa á reciclaxe da materia orgánica e de promover o uso do novo contedor “que é unha das engrenaxes chave da economía circular para valorizar gran parte do lixo que xeramos nos nosos fogares tal e como nos vén establecido polas directivas europeas que están a marcar este rumbo”, tal e como explicou a rexedora, Dolores García Caramés, que presentou a iniciativa xunto coa edil de Medio Ambiente e Tenente Alcalde, Mali Méndez, nas instalacións municipais.
Neste senso, o Concello de Cervo vén de editar máis de 2000 exemplares dun folleto explicativo, que chegará nos próximos días a todos os fogares cervenses, no que se detallan polo miúdo sobre plano os puntos estratéxicos nas que se situarán con carácter inminente unha vintena de contedores marróns dentro do termo municipal.
No folleto, tal e como afondaron, tamén se difunden unha serie de charlas informativas que terán lugar os próximos 16 e 17 de outubro, en San Ciprián e en Cervo, respectivamente. Trátase duns encontros abertos á veciñanza coa colaboración da Mancomunidade de Municipios da Mariña que terán lugar na Casa da Cultura, en horario de 18:00 a 20:00 horas, e na Casa do Concello, de 19:00 a 21:00 horas; nos que se dará resposta a todas as dúbidas que a veciñanza poida ter sobre a implantación deste novo colector.
Tal e como puntualizou a rexedora, “desde o Concello de Cervo xa levamos moitos anos sensibilizados coa compostaxe doméstica, promovendo á súa práctica entre os fogares cervenses a través de diferentes iniciativas didácticas e tamén ofrecendo composteiros de balde ás familias; de feito a día de hoxe preto de 300 fogares fan o seu propio compost na casa”. Pero agora –proseguiu- queremos e debemos dar un paso máis coa instalación dos contedores marróns nunha vintena de puntos estratéxicos do concello, “para facilitarlle á veciñanza, na medida do posible este exercicio de corresponsabilidade que todos debemos asumir”.
Ademais, no folleto tamén se explica polo miúdo que tipo de residuos se poden depositar no contedor marrón tales como restos de todo tipo de comida, pousos de café, restos de plantas, flores, papel de cociña usado…; cuxo tratamento se realizará na planta de biorresiduos situada no Polígono de Cuíña, que entrará en funcionamento proximamente, e que dará servizo a case 70.000 habitantes.




















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



