Patricia Otero reclama que flexibilicen unha norma que leva 12 anos amosándose “inoperativa” e “deixen as regras de xogo clariñas dende o primeiro momento”
Santiago de Compostela, 03 de outubro de 2023. A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que modifique canto antes o decreto que regula as artes, aparellos e útiles para a extracción de recursos mariños. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, presentou esta iniciativa na que empraza á Consellería a dialogar co sector para actualizar unha norma que xa nacera obsolera.
Otero lembrou que o sector marítimo leva pedíndolle á Xunta que flexibilizara esta norma, aprobada en 2011, dende o ano seguinte da súa entrada en vigor, xa que se tiña demostrado “demasiado ríxida e inoperativa”. Ironizou con que a portavoz do PP pedira hoxe “calma e unha reflexión profunda” a pesares de que teñen pasado xa 12 anos despois da publicación desta norma.
A parlamentaria socialista sinalou que “as regras do xogo teñen que quedar moi clariñas dende o primeiro momento” para adaptar a normativa á realidade das necesidades do sector da pesca, e atendendo ás súas demandas.
Sinalou que a norma resulta “excesivamente minuciosa e pouco operativa”, e precisa deixar “perfectamente definidas” as dimensións, características e usos das artes de pesca e marisqueo, salvando ademais os problemas que ocasiona nos portos, sinaladamente pola regulación das boias.
Patricia Otero reclamoulle á Consellería que atenda a esta demanda, que procede do sector da pesca, coa “mesma axilidade” coa que atendeu á petición para cubrir a xefatura territorial de Pesca de Celeiro. Este cargo levaba dous anos baleiro ata que, ironizou, “atoparon á candidata ideal que, casualidades da vida, é a que fora candidata do PP á alcaldía de Viveiro, e que non conseguiu porque a alcaldesa segue a ser a socialista María Loureiro”.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que, no menor prazo de tempo posible, e atendendo ao diálogo co sector, modifique o obsoleto Decreto polo que se regulan as artes, aparellos e útiles para a extracción de recursos mariños”.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



