Por iniciativa da deputada Rosa Quintana, os representantes galegos na Cámara Baixa exercen o seu dereito de acceso e solicitude de información
Madrid, 17 de outubro de 2023. Os deputados do PPdeG no Congreso, por iniciativa de Rosa Quintana, veñen de reclamar formalmente o acceso ao ditame do Consello de Estado no que o Goberno central xustifica o seu recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.
Un informe que, cómpre salientar, nin o Goberno galego – precursor da propia normativa – nin ningunha outra institución de Galicia puideron conseguir a pesar do seu interese e da súa importancia. De feito, os parlamentarios populares insisten a este respecto na diferencia entre o Goberno central e a Xunta no que se refire á súa capacidade de diálogo.
Mentres o Goberno galego, ante posibles discrepancias con novas leis estatais como aconteceu coa Lei de vivenda, aposta polo diálogo e naquel momento solicitou a apertura dunha comisión bilateral; o Goberno central acude directamente ao Tribunal Constitucional sen antes procurar unha solución dialogada ás diferencias de criterio.
“Onde uns apostamos polo diálogo, outros prefiren sacar toda a súa artillería xurídica”, resumen os deputados do PPdeG na Cámara Baixa ao tempo que lamentan que Pedro Sánchez actúe deste xeito con Galicia precisamente nun momento no que está a negociar a súa investidura a cambio de conceder unha amnistía a delincuentes fugados, permitir a celebración un referendo de independencia e condonarlle 450.000 millóns de euros de débeda a Cataluña.
“Resulta curioso que para Pedro Sánchez o maior risco á Constitución española que hai agora mesmo sexa o que procede de Galicia por exercer as competencias que lle atribúe o Estatuto de Autonomía e tratar unicamente de protexer as 4.000 edificacións e 100 empresas da cadea mar-industria ameazadas precisamente pola normativa costeira do Estado”, conclúen.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



