Isabel Rodríguez, participou na VII Xornada de Protección Civil da provincia de Lugo en Ribadeo organizado pola Federación Lucense de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. A subdelegada resaltou a importancia que ten a xornada para o coñecemento das actuacións a realizar en caso de emerxencias. Rodríguez tamén eloxiou todas as tarefas e traballos que se encargan de realizar as asociacións de voluntarios na provincia e o interese que depositan no labor social tan importante como é o de estar formados en diversas actuacións para a protección da cidadanía e o medio ambiente. A xornada tivo como relatorios “Unidade de apoio loxístico en emerxencia” e “Protocolos de actuación no caso de varadas de cetáceos”, cunha demostración práctica dun caso de varada dun mamífero mariño.