Viveiro, 3 de novembro de 2023. Traballadoras e traballadores de Gadis concentráronse este venres diante do Hiper Gadis de Viveiro para reclamar a readmisión de varios compañeiros e compañeiras despedidas en represalia pola súa intención de presentarse nas candidatuas de CIG e CCOO. Na protesta, convocada por ambas centrais, demandouse o cese inmediato destas prácticas antisindicais e que se respecten as liberdades e dereitos das e dos traballadores.
Para o secretario comarcal da CIG-Servizos de Lugo-A Mariña, Xoán Díaz, a decisión de Gadis está directamente relacionada co feito de non ter asinado o convenio colectivo de alimentación de Lugo, ao que se chegou despois da patronal manobrar por atrás con UGT e USO, pero que non responde ás reivindicacións do conxunto do persoal, xa que o segue deixando como o convenio sectorial máis baixo das catro provincias.
Hai que lembrar ademais que, por primeira vez, as asembleas de traballadoras/es apostaran ás claras pola mobilización e a convocatoria de folga para reclamar melloras salariais e laborais; protagonizando unha manifestación multitudinaria o 18 de xuño polas rúas de Lugo na que amosaron o seu malestar co “trato que Gadis ten cara ao seu persoal”. Unha resposta social que non gustou nada á empresa.
“Todo isto vese reflectido agora nas eleccións sindicais, onde se poñen problemas, trabas e paus nas rodas de quen quere presentarse polos nosos sindicatos, para dar unha nova voz a todas as persoas que queren un cambio na representación sindical actual”, subliñouse na concentración deste venres. Díaz apunta que das dúas persoas despedidas no Hiper Gadis Viveiro (con comité propio) “un era público e notorio que se ía presentar pola CIG e outro o mesmo pero por CCOO”. A estes dous despedimentos, súmanse outro no Gadis de Barreiros (que afecta a un candidato de Comisión para o comité provincial) e outra traballadora en Lugo afín á CIG.
Por iso, na concentración de hoxe advertiuse que se emprenderán todas as accións legais oportunas para defender a compañeira e os compañeiros despedidos e conseguir a súa readmisión, e que se levarán adiante as mobilizacións necesarias.
Neste sendo, denunciouse que Gadis presume de ser a empresa máis grande dentro do sector da alimentación, “pero é moi pequena á hora de permitir a liberdade de expresión e a liberdade sindical”. O secretario comarcal da CIG-Servizos valorou que a empresa quere amedrentar o persoal de cara ás eleccións polo que “non imos consentir este tipo de actuacións que de nada lle van valer a empresa se hai vontade entre as traballadoras e os traballadores de cambiar a correlación de forzas, coa vista posta na seguinte negociación do convenio”.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


