Os concelleiros do PP sinalan que “o estado intransitable dos camiños coma o das Testas, Os Cucos e Xemaré provoca atrasos no traballo diario dos gandeiros”
Xermade, 15 de novembro de 2023. O Grupo Municipal do PP de Xermade insta ao goberno local a realizar periodicamente os traballos de mantemento das pistas e camiños. Os concelleiros defenden que “os camiños públicos facilitan a vida da veciñanza e favorecen o traballo no rural” e, polo tanto, “non se poden deixar abandonar”. Así o manifestaron no último pleno poñendo como exemplo algúns camiños da parroquia de Burgás que comunican As Testas, Os Cucos ou Xemaré.
O portavoz, Antonio Riveira, explica que “os accesos ás fincas agrícolas son de vital importancia para as explotacións gandeiras do municipio e, no caso das zonas onde impera o minifundismo, máis aínda”. De feito, na parroquia de Burgás “os veciños téñennos trasladado o seu malestar porque as pistas de acceso ás fincas son intransitables e provocan atrasos no traballo diario dos gandeiros”. E isto débese ao seu “estado de abandono”; xa que “fai anos que non se lles realiza un mantemento”.
O camiño das Testas -que comunica incluso lugares poboados como As Testas e o Carballal e que fora mellorado por anteriores gobernos municipais- atópase abandonado nos últimos anos e resulta “intransitable”. O camiño dos Cucos -tamén acondicionado por un goberno popular- presenta abandono e “importantes fochancas que denotan a falta de interese pola súa conservación”. E o camiño de Xemaré, en dirección a Castiñeiras, ademais dun mal estado no primeiro treito “chega un punto no que non se pode transitar por el”.



















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



