O Goberno achegará o servizo de internet a 2.077 familias e empresas de Xermade a través de 484 proxectos que xa se están a executar
Xermade, 27 de novembro de 2023. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou en Xermade un novo investimento de 19,4 millóns de euros do Goberno para completar a extensión de Internet de alta velocidade a todos os recunchos de Galicia. Trátase da terceira convocatoria do Programa UNICO Banda Ancha do Ministerio de Transformación Dixital, que suma un investimento global de 90 millóns de euros na comunidade para levar a conexión de banda ancha a 236.254 fogares e empresas que ata o de agora non contaban con este servizo antes de finais de 2025.
Na provincia de Lugo, a empresa Avatel será a encargada de levar Internet de alta velocidade a 11.132 fogares e empresas no marco desta terceira convocatoria, que financia o Goberno con 4.268.715 euros.
Pedro Blanco lembrou que Internet “é unha ferramenta que hoxe está en todos os aspectos das nosas vidas, que é chave para o desenvolvemento dos concellos do século XXI e tamén para a dinamización da actividade económica no rural”. Neste senso destacou que “somos o Goberno que trouxo investimentos para solucionar un problema real despois de anos sen avances nesta materia por parte da administración autonómica”.
O delegado sinalou que iniciativas como o Programa UNICO, que se financia con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, “son un exemplo máis de que os cartos do Goberno chegan a todos e cada un dos concellos galegos. E fanno para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas, como no caso de Xermade, onde máis de 2.000 veciños e veciñas que carecían de Internet de alta velocidade van ter agora este servizo”. En concreto, as tres convocatorias permitirán levar Internet de alta velocidade a través de fibra a 2.077 familias e empresas do municipio a través de 484 proxectos que executan as empresas seleccionadas.
Reparto provincial
Segundo detallou Pedro Blanco, o investimento do Goberno nas dúas convocatorias anteriores, xa en execución, foi de 71,2 millóns de euros. Na primeira, Telefónica foi a empresa adxudicataria, mentres que na segunda a galega Vento Rede encárgase do despregamento na Coruña; Avatel en Pontevedra e Ourense, e Adamo en Lugo.
Nesta terceira convocatoria Vento Rede adxudicouse de maneira provisional as provincias da Coruña e Pontevedra, mentres que Avatel foi seleccionada para executar as conexións nas provincias de Lugo e Ourense. O investimento total que se mobilizará, sumando a achega das empresas a axuda do Goberno, ascende a 131 millóns de euros nas tres convocatorias.

Investimentos do Goberno en Xermade
O delegado e o alcalde de Xermade, Roberto García, repasaron os apoios do Goberno ao Concello de Xermade nestes anos, entre os que destacan os 4.000 euros para a posta en marcha dun Aula Mentor ou os 403.000 euros dos fondos de Transición Xusta do Ministerio de Transición Ecolóxica para a rehabilitación da antiga casa reitoral para convertela no futuro Centro Internacional da Tornaría do municipio, que acolle o Encontro Internacional de Torneiros de Madeira.
“Son medidas que axudan a dinamizar comarcas e a loitar contra o despoboamento do noso rural, porque desde o Goberno queremos garantir a igualdade de dereitos vivas onde vivas, e que as persoas que viven en concellos como o de Xermade conten coas mellores infraestruturas, equipamentos e servizos públicos”, concluíu.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



