Dous paus e un paradón de Pereira, todo no último minuto do encontro, frustran o empate do Burela que finalmente se queda ás portas da competición ante o equipo do técnico alfoncense, sempre Laranxa, Juanma Marrube
Burela, 21 de novembro, 2023. Esta tarde ás 20.30h no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 4ª Eliminatoria da Copa de S.M. o Rey, Pescados Rubén Burela FS – ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra, un encontro moi complicado para o Burela ao tratarse dun equipo de Primeira División. Ao redor de 700 espectadores puideron gozar dunha competición “de Primeira” en Vista Alegre, e dun partido dobremente especial ao tratarse de o rival liderado polo técnico alfoncense Juanma Marrube, o Mariskal do Pescados Rubén Burela FS, que volveu á casa esta semana a disputar este encontro pero, esta vez, dende o outro lado. Nun partido moi igualado, o conxunto de David Rial fai unha primeira parte espectacular, dominando o encontro nalgúns momentos ante un rival superior e que se ve apertado durante estes 20 primeiros minutos, pero na segunda metade os do Mariskal véñense arriba e superan o ritmo do conxunto local, empatando o encontro e sumando un gol que lles concede o pase de rolda á seguinte fase do campionato.
Na primeira parte o encontro mantense moi igualado, cun arranque con poucos tiros a porta. No minuto 8 Malaguti lanza un fogonazo ao pau despois de contemplar un espectacular paradón de Michal Kaluza que coma sempre non defraudou neste encontro, do mesmo xeito que o porteiro rival Adrián Pereira, especialmente durante os últimos minutos do encontro. Ambos fixeron un papel crucial para o seu equipo durante todo o partido. No minuto 12 chega o gol do burelense Quelle, cun disparo alonxado que toca en Carlos Bartolomeu e cóase entre os paus de Pereira. No minuto 15 outro encaixe espectacular da Muralla Kaluza tras un disparo de Anás desde a banda dereita, dentro da área. No minuto 17 case chega o segundo cun fulminazo de Ismael nun saque de falta que roza o pau e no 18 outra falta peligrosísima a favor do Burela que detén o porteiro rival. Chega o descanso 1-0 no marcador.
A segunda parte é tamén bastante igualada, pero con maiores momentos de dominio do equipo visitante que mantivo un moi bo ritmo. No minuto 28 de novo un paradón espectacular de Michal que desvía co brazo un potente e acertado disparo de Claudino. E chega o gol do empate no minuto 29 cun disparo de Carlos Bartolomé desde case a frontal que toca en Kaluza pero excede a liña de meta. Tras unha falta moi perigosa que tira Nacho e volve sacar Michal, esta vez co pé, a corner, chega o segundo do Ribera Navarra, no minuto 33, de novo Carlos Bartolomé, cun disparo imparable nun rexeite tras un tiro de Claudino que detén o porteiro polaco. Presiona a partir do minuto 35 o conxunto do técnico santiagués con xogo de 5, con varias oportunidades frustradas entre elas una de Ismael no mesmo minuto que, exercendo de porteiro-xogador, tira a portería pero atópase cun infranqueable Pereira que aproveita para sacar rápido á contra pero a xogada vese tamén frustrada polo mesmo Ismael que detén o balón cos pés. No minuto 38 comezan os momentos de infarto comezando cun dos disparos de Álex García que pega no traveseiro rebotando cara abaixo con forza pero non traspasando a liña de gol. A 14 segundos do final chega o segundo pau, esta vez nun disparo lonxano de Isma e case ao toque da bucina, un incrible disparo de Ismael que detén de novo o porteiro do equipo navarro, non deixando tempo para máis e non permitindo pasar de rolda ao Pescados Rubén Burela FS.
Fóra da competición toca centrarse nos partidos de Liga comezando cunha longa viaxe este sábado a Ibiza en busca dunha vitoria moi interesante para continuar escalando e meterse en postos de Playoff, dos que se atopa a 1 punto, nunha Segunda División moi igualada na que pode pasar de todo esta tempada.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra
Pescados Rubén Burela FS (1): M.Kaluza; Lucho, Isma, Flethes, Malaguti -quinteto inicial-, Quelle, Nico Rosental, Alberto, Álex García, Charly, Ismael e Unai (P)
ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra (2): Adrián Pereira; Anás, Soufian, Gabi, Nacho -quinteto inicial-, Espín, Jonhn Lennon, Claudino, Carlos Bartolomé, Alberto Lahuerta, Hamza e Néstor Berga (P)
Goles: 1-0, min.12: Quelle. 1-1, min.29: Carlos Bartolomé. 1-2, min.33: Carlos Bartolomé.
Árbitros: José Manuel Carreira, Rubén Ferrero, Roberto Segundo Amor y Berta García.
TA: David Rial, Isma, Flethes, Malaguti, Soufian, Alberto Lahuerta e Gabi.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).

