O Presidente da institución, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón, asinaron un acordo polo que a entidade provincial achega 4.000€ para publicar esta obra, que pon en valor o patrimonio indiano da localidade e contribúe así a impulsar o turismo cultural na Mariña
Lugo, 7 de novembro de 2023. O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña.
A institución provincial achega case 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga máis coñecido como Pena de Miñotos.
O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira ata a explosión iconográfica dos cemiterios de Ourol, Merille e Xerdiz, considerado este último o cemiterio indiano máis importante da Mariña. Nas súas páxinas tamén se reflicte o desenvolvemento da economía, as relacións sociais e a relixiosidade de mediados do século XIX e principios do XX do municipio.
José Tomé Roca destacou o valor desta obra polo seu interese histórico, etnográfico e de promoción, pois “servirá para seguir promovendo o turismo cultural na Mariña aproveitando a súa profunda pegada e tradición indiana”. O Presidente explicou que este novo volume súmase á colección de libros para recuperar a historia local de Ourol, coa que “estamos favorecendo o impulso dun itinerario polos tres cemiterios que completaría a Ruta indiana, xa consolidada polo concello, para coñecer o relevante legado cultural que os que tiveron que emigrar a América deixaron neste territorio”.
Colección de obras sobre a historia local
Deste xeito, A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros formará parte da colección composta por catro publicacións: Ourol. A nosa historia; Anacos da nosa historia; Cruceiros, cristos, cruces e monumentos do Concello de Ourol; e José María e Manuel Riguera Montero: dous irmáns emigrantes das montañas de Ourol e Muras.
O Alcalde de Ourol agradeceu pola súa parte a colaboración da Deputación porque permite ao Concello sacar á luz unha nova edición que “aporta datos relevantes para coñecer e comprender o pasado e o presente do noso municipio, ao mesmo tempo que axuda a construír o noso futuro”. Nestes momentos, o concello de Ourol, subliñou o rexedor “non ten un gran fondo local, polo que a colección destes libros son unha maneira de incrementar o número de estudos sobre a nosa localidade coa finalidade de divulgar este coñecemento entre os nosos veciños, e transmitir a nosa historia ás novas xeracións”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



