Ata o día 26 de decembro está aberto o prazo para recibir proxectos innovadores candidatos a esta aceleradora de empresas
Lugo, 13 de decembro de 2023. A Xunta de Galicia presentou hoxe a terceira edición de Turislab ante emprendedores do sector turístico de Lugo, aos que invitou a participar nesta aceleradora de empresas liderada polo Goberno galego que axuda a materializar ideas innovadoras ofrecendo aos promotores formación, asesoramento e recursos.
A iniciativa está promovida por Turismo de Galicia coa colaboración da Cámara de Comercio de Pontevedra Vigo e Vilagarcía de Arousa e, por primeira vez, da Comunidade Intermunicipal Alto Minho de Portugal, estendendo así o ámbito territorial da convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 26 de decembro.
Inicialmente seleccionaranse 15 proxectos para os talleres formativos dun mes de duración, 12 dos cales pasarán á fase da academia, onde se lles proporcionará un mentor principal e dous expertos a cada un, ademais de acceso a sesións de coworking, reunións con empresas tractoras, instalacións e os servizos adicionais que precisen.
Esta fase prolongarase aproximadamente ata o verán e dela sairán as catro startups gañadoras, que poderán optar a diferentes apoios de Turismo de Galicia (subvencións directas, estudo de viabilidade de proxecto, axuda para a constitución da empresa, etc.).
O programa diríxese a emprendedores que estean desenvolvemento un proxecto de innovación turística vinculado a Galicia ou ao norte de Portugal, ou a empresas xa constituídas con non máis de dous anos de actividade. As bases poden consultarse na web www.turislab.gal.
Na primeira edición presentáronse 80 proxectos innovadores e na segunda 117, o que demostra o crecente interese pola proposta.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



