Castro de Rei, 27 de decembro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe o cocedoiro de mexillón de Vitalmar dentro da rolda de visitas a empresas e organismos do sector marítimo-pesqueiro galego e que xa o levara a ver as instalacións e bateas do grupo Proinsa -ao que pertence a empresa- en Lorbé, destacando a gran importancia e o relevante volume de emprego que xeran estas empresas nos lugares onde están implantadas. Tamén son exemplos en economía circular, participando en proxectos como Mexigal, que buscan o aproveitamento dos residuos derivados da acuicultura.
A pesares do complicado momento que pasa o consumo de produtos do mar, acentuados pola incomprensible cerrazón do Goberno central a rebaixarlle o IVE, a Xunta pretende continuar apoiando ao sector nos seus esforzos por mellorar a comercialización dos seus produtos para que se supere os altibaixos. No caso de Vitalmar, a planta conta cuns corenta e cinco empregados e supera os 5 millóns de euros de negocio anual coa comercialización de carne de mexillón en distintos formatos. Pola súa banda, o Grupo Proinsa (Promotora Industrial Sadense, SA) é un grupo empresarial familiar de capital 100% galego, dedicado á produción de mexillón en bateas e long-lines, que é o principal produtor individual deste molusco en España, cun centenar de unidades de cultivo.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



