Conde, Olano e Abades acordan, como primeira medida, incorporar ao seu cronograma de actuacións as propostas da Federación de Veciños, co fin de “seguir sendo o altavoz” dos lucenses e de que o Goberno de Pedro Sánchez corrixa as débedas que acumula coa provincia
Madrid, 5 de decembro de 2023. Os deputados no Congreso -Francisco Conde, Jaime de Olano e Cristina Abades- perfilaron na primeira reunión de traballo, unha vez que a dirección nacional lles asignou as responsabilidades dentro do Grupo Parlamentario, a folla de ruta a seguir en beneficio da provincia. Deste xeito, como primeira medida, acordaron incorporar ao seu cronograma de actuacións as propostas da Comisión Permanente da Federación de Veciños Lucus Augusti, co fin, din, de “seguir sendo o altavoz” dos lucenses e de que o Goberno de Pedro Sánchez corrixa as débedas que acumula coa provincia, e que xiran en torno ás infraestruturas e ao desenvolvemento industrial, económico e empresarial.
Así, os representante lucenses, na carta que hoxe mesmo remitiron ao colectivo, xunto aos senadores lucenses, detallan que, tal e como fixeron en cada un dos Orzamentos que presentou o Executivo socialista, seguirán apostando polas principais necesidades que ten Lugo. “Esa é a nosa responsabilidade e o noso compromiso cos lucenses”, advirten.
AVE E AUTOVÍAS
Insistirán así, na importancia de que o AVE chegue a Lugo e, en consecuencia, na planificación presupostaria das variantes de Os Peares-Canabal e Rubián que estaban comprometidas por parte do Goberno e que nestes momentos están paralizadas; en que se inclúan fondos para acometer de forma inmediata as tan necesarias obras de mellora da A-6, a autovía A-74 e a restitución do trazado orixinal da N-642. Tamén velarán para que o Goberno inclúa as partidas que garantan o desenvolvemento dun plan de mellora da N-120, así como os recursos necesarios para a execución do terceiro carril entre A Guítara e Ourense.
A INDUSTRIA, UNHA PRIORIDADE
Para os populares mención especial merece a industria. De xeito moi concreto explican que o Executivo ten que facer unha clara aposta neste senso para asegurar que Alcoa dispoña dun marco eléctrico necesario para garantir en igualdade de condicións con outros países europeos. Trátase, din, “ de apoiar aos traballadores e ás familias, así como toda a comarca da Mariña, sobre todo, unha vez que coñecemos que a empresa decidiu aprazar unha obra clave no futuro de Aluminio pola situación financieira”.
Seguirán reivindicando tamén o asentamento de Altri, en Palas de Rei; un proxecto que cumpre todos os criterios establecidos pola propia Unión Europea e o Goberno de España no Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia e que está pendente de que se poida concretar por parte do Executivo a dotación de fondos europeos aos que pode optar; que o proxecto de hidróxeno verde Guitiriz-Zamora no quede fóra dos fondos europeos; ou que o SEPE introduza unha bonificación do 50% nos parques que dependen desta Sociedade, ao igual que xa está a facer a Xunta de Galicia cos polígonos empresariais que son da súa competencia.
TRABALLANDO POR LUGO DENDE O PRIMEIRO MOMENTO
O encontro de traballo produciuse tan só unhas horas despois logo de que a dirección nacional de Alberto Núñez Feijóo fixese pública as novas responsabilidades do Grupo Parlamentario Popular do Congreso. Nestes momentos, no caso dos tres representantes lucenses son as seguintes:
Francisco Conde: voceiro de Industria, a Comisión de Industria e Turismo; Jaime de Olano: voceiro de Economía, na Comisión de Economía, Comercio e Transformación Dixital, ademais de vicevoceiro do Grupo Parlamentario Popular na Cámara Baixa; e Cristina Abades: voceira de Infancia, na Comisión de Xuventude e Infancia.



















No acto participará tamén David Cortizo, en representación de Editorial Galaxia. A actividade está organizada pola libraría África Copias.
O corte afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19,765 e 22,933. As obras, executadas pola empresa OVISA Pavimentos y Obras S.L.U., contan cun investimento da Deputación de Lugo de preto de 190.000 euros.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. No acto de apertura servirase un viño acompañado dun pequeno aperitivo.
O colectivo denuncia que, tras anos de espera, continúa sen obter unha resposta xusta ás súas reivindicacións e esixe o recoñecemento da súa categoría profesional, unha reclasificación acorde coa súa cualificación e unha retribución inmediata e adecuada ás súas funcións. Os profesionais reclaman tamén axilidade nas solucións, lembrando que levan demasiado tempo entre promesas incumpridas e parálise administrativa.
A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Nesta edición interpretará obras de Haydn e Chopin, ademais de presentar composicións propias nun programa íntimo e especial que xa se converteu nun encontro imprescindible cada ano. Ao rematar, ofrecerase un brinde e aperitivo para todos os asistentes. As entradas están á venda e pódense reservar no teléfono 644 69 42 80.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



