Hoxe ábrese o prazo para solicitar as achegas, distribuídas conforme a criterios obxectivos como o número de habitantes, superficie ou grao de despoboamento
Lugo, 26 de xaneiro de 2024. A Xunta abre hoxe o prazo para que os concellos galegos poidan solicitar as axudas do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas. Na comarca da Mariña suman 917.000 euros de investimento no bienio 2024-2025, divididos practicamente ao 50% en cada exercicio. No conxunto da provincia o dato ascende a 4,6 millóns de euros
A resolución foi publicada no DOG de onte e recolle as contías asignadas a cada municipio; as de maior dotación da comarca corresponden a Ourol, Mondoñedo e Viveiro, que superan os 70.000 euros.
A distribución do crédito realizouse de acordo con diversos criterios relacionados con cuestións como o número de habitantes, a superficie do municipio, o grao de despoboamento, envellecemento ou un coeficiente de agrariedade onde se empregan datos de carácter socioeconómico vinculados á actividade agraria.
A convocatoria conta cun orzamento de case 19,5 millóns de euros, dos que 1,5 millóns financiarán a redacción de estudos integrais da rede viaria municipal. Está cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) da medida 0431 do PDR de Galicia 2024-2020, nun 7,5 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % por fondos propios da Xunta de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun mes.
Actuacións subvencionables
Son subvencionables aquelas actuacións de ampliación -é dicir, que supoñen un incremento da largura que incide na mellora da seguranza viaria ou permitan o cruce de vehículos ou alargamentos necesarios en zona de curvas-, de mellora -un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado-, e mantemento -tanto do firme existente como das súas marxes.
Pola contra, non serán subvencionables aquelas actuacións que consistan unicamente no arranxo de fochas ou aquelas que se realicen en vías interiores dentro dos núcleos de poboación. Cada concello poderá presentar ata un máximo de tres proxectos e cada un dos proxectos poderá comprender ata un máximo de tres actuacións.
Para os efectos deste plan enténdese por camiño de acceso a parcelas agrícolas aquel que sexa de titularidade municipal e que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, a cando menos dúas parcelas agrícolas.






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



