Compostela, 16 de xaneiro, 2024. O proxecto da celulosa ALTRI na Ulloa obvia que vai ocupar un territorio proposto pola Xunta para integrar a Rede Natura 2000 e que contén endemismos galegos en perigo de extinción.
No trámite de exposición pública para a concesión de augas (captación e vertido) da fatoría que a pasteira ALTRI pretende instalar en Palas de Rei, hai interesante información sobre os “non impactos” desta macrocelulosa.
De entrada, chama a atención que pretendan instalar todo un polígono industrial xusto a carón (a cero metros) dun espazo protexido (ZEC Serra do Careón) con hábitats prioritarios e consideren que o seu impacto sexa “compatible”.
A seguir, en ningunha parte do EIA (Estudo de Impacto Ambiental) menciónase o feito de que os terreos a ocupar polas infraestruturas de ALTRI fan parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 galega, presentada pola Xunta tanto en 2008 como en 2011 (ver Figura 1). Esta ampliación respostaba á necesidade expresada pola propia Comisión Europea, de ampliar a representación de determinados hábitats no Estado Español, e particularmente en Galiza. A renuencia da Xunta a ampliar os espazos protexidos baixo esta figura provocou a apertura dun procedemento de infracción por parte da CE. Sería paradoxal que os fondos europeos que reclama ALTRI para construir a súa fatoría serviran para coartar a ampliación da RN2000 e degradar un espazo para o que a propia CE reclamou protección.
Endemismos galegos “desaparecidos” do proxecto
Un dos impactos máis significativos da macro-celulosa de ALTRI deriva de ubicarse nun territorio de singular rareza xeolóxica e botánica: o complexo de rochas ultramáficas do Careón. Asociadas a estas rochas aparecen especies vexetais únicas: plantas endémicas cuxa área de distribución mundial limítase a uns poucos km2 nos que afloran estas rochas serpentiníticas. En concreto, estes raros endemismos botánicos afectados polo proxecto son os seguintes:
-A santolina de Melide (Santolina melidensis) (Rodr. Oubiña & S. Ortíz) Rodr. Oubiña & S. Ortiz.
-A herba de namorar de Merino (Armeria merinoi) (Bernis) Nieto Fel. & Silva Pando.
-A magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum) Rodr. Oubiña & S. Ortiz.
Estas tres especies están catalogadas como “En perigo de extinción”, e a elas hai que engardir tamén a Centaurea gallaecica (M. Laínz) Arnelas & Devesa, considerada como “Vulnerábel” no Catálogo galego de especies ameazadas.
Na documentación do proxecto, ALTRI ocultou a presenza destas especies dentro das fincas ocupadas pola celulosa e noutros casos alterou a súa ubicación, malia a existiren citas recentes que certifican a presenza destes raros endemismos botánicos neses terreos.
Este tipo de “esquecementos” non son casuais cando se trata de vender as bondades dun proxecto (celulosa, eólica, mina…) a unha administración que xa o declarou “de interese estratéxico” en decembro de 2022, e para a que o noso patrimonio natural non é máis que outro molesto atranco.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



