Vilalba, 15 de Xaneiro de 2023. O tenente de alcaldesa e Responsable de Mobilidade, Modesto Renda, anunciou hoxe a vindeira ampliación da Zona Azul en dúas novas localizacións do casco urbano. Concretamente, a regulación do estacionamento afectará á Praza de San Xoán e a un tramo da Rúa de Galicia comprendido entre a súa intersección coa Rúa do Calvario e a intersección coa Rúa García Hermida.
Renda, que contextualizou a medida na necesidade de “dar resposta ás demandas de comerciantes e hostaleiros/as”, explicou que o horario será o mesmo que o das restantes zonas xa reguladas, isto é: de luns a sábado de 09:00 a 14:00 horas, estando permitido o estacionamento de maneira gratuíta nun período máximo de 90 minutos.
“O obxectivo é evitar que se aparque o vehículo desde a mañá ata a noite, ao tempo que se deixa unha ampla marxe de tempo gratuíto para facer xestións ou compras”, declarou.
A medida entrará en vigor unha vez se teñan rematado os traballos de pintado e sinalización vertical e o Concello dará un mes de marxe como período de proba antes da súa implantación definitiva.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



