O certo é que procurando na biblia non atopo a frase do título por ningures. Será que Deus deixou esa labor como menor, para a xente, para nós.
Mais, visto o visto, coido que se debeu equivocar. Tanto pola dificultade da tarefa como pola falta de valoración da nosa intención de lograr a paz.
Unha semana máis, ás 12 e media da mañá deste terceiro domingo do ano, unha pequena asemblea de xente estendía a súa voz en favor da paz nos chanzos de acceso ó concello de Ribadeo. Neste caso, pouco máis de quince persoas que comentábamos que nos gustaría estar en varios lugares á vez, pois o facerse escoitar polos grans de plástico, último ataque ó mar da zona polo momento, era outra posibilidade que queríamos defender, uníndonos ás manifestacións celebrándose ó largo do país no mesmo momento. Comentarios que tamén se facían eco das estatísticas: 15 entre 10000 é o 0,15 % da poboación de Ribadeo. Menos aínda tendo en conta que había xente doutros concellos da bisbarra.
E mentres, a guerra continuando.
A guerra pode comezar por unha chispa, atizada por intereses de moi pouca xente, pero é sufrida por moita, moita xente en diferentes niveis, e necesítase moita xente para parala. Esa si é unha ‘loita asimétrica’! Non só pola diferenza para impulsala ou parala, senón pola escasa xente que saca beneficios fronte á moita que sofre, ou polo pouco esforzo que parece levar provocala fronte ó moito para volver a unha situación de paz. Mesmo pola diferenza entre as palabras: as verbas en relación coa guerra e coa loita son omnipresentes, sen que moitas veces nos decatemos de que estamos a usar palabras que saen do contexto bélico, mesmo con connotacións positivas, animando ó emprego desa lingua de guerra. En troques, a paz vese soa, acompañada dunhas poucas verbas ás que mesmo se lles atribúen aspectos negativos: ser pacífico parece estar reclamando un ‘miña xoia!’ conmiserativo, mentres ‘ser loitador’ infunde ánimos.
A paz, unha construción diaria. A guerra, a chispa dun momento que pode estenderse ate o infinito. Un desequilibrio, unha asimetría que todos sufrimos, aínda que cando vemos lonxe o conflito seguimos coa nosa vida como se non fora con nós. Lonxe no espazo -a pesares de que hoxe o mundo é pequeno- ou no tempo -a pesares de que a documentación de feitos actuais e pasados avanza a tal velocidade que ata teñen cabida as loiadas desinformadoras-. Quen se lembra do auténtico motivo da primeira guerra mundial, indo máis aló do asasinato dun príncipe? Ou da segunda, de antes da invasión de Polonia? Ollos que non ven, corazón que non sinte: pasan as novas a un segundo plano e logo á súa desaparición, así ‘non sufrimos’ as guerras máis que as que son notificadas como ‘interesantes’, é dicir, con intereses, para interesarnos nunha postura favorable a unha das partes…























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



