A finais do mes de xaneiro prevese a publicación da nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal. Para mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos vanse a desenvolver catro obradoiros de formación, de carácter aberto
Viveiro, 25 de xaneiro, 2024. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha uns obradoiros formativos sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo.
Estes espazos pretenden dar as claves para a elaboración dun bo proxecto, proporcionando información sobre a estratexia do GALP e o procedemento administrativo de concesión de axudas. Diríxense ao tecido empresarial do territorio, con especial fincapé nas entidades do sector pesqueiro, e tamén a concellos, asociacións ou outros colectivos e persoas interesadas da zona pesqueira.
Os obradoiros vanse a desenvolver nos seguintes días e localizacións:
1. Viveiro. Confraría de Celeiro. Mércores 31 de xaneiro de 2024. 10 a 13 horas.
2. Cedeira. Confraría de Cedeira. Xoves 1 de febreiro de 2024. 10 a 13 horas.
3. Ortigueira. Centro de Participación Cidadán “Hospital de San Roque”. Mércores 7 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.
4. Ribadeo. Casa do Viejo Pancho. Xoves 8 de febreiro de 2024. 16 a 19 horas.
O programa de traballo centrarase en abordar os seguintes contidos:
1. A estratexia do GALP e o proceso de valoración e selección dos proxectos.
2. O procedemento administrativo de concesión de axudas: operacións financiables, requisitos, documentación necesaria, fases do procedemento,…
3. Aspectos prácticos na cobertura da memoria do proxecto e o plan económico.
O obradoiros terán unha visión práctica para que os potenciais promotores teñan as ferramentas necesarias para que os seus proxectos acaden financiamento do FEMPA.
Para obter máis información contactar co GALP A Mariña Ortegal.
galp.marina.ortegal@xunta.gal
982 563 355




















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



