O Executivo galego comunicará a Delegación do Goberno a intención de reducir o nivel de alerta e se o Estado non manifesta ningunha oposición, sería efectiva esta semana
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2024. Os integrantes do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) confirmaron na súa reunión de hoxe en Santiago que a incidencia da chegada de pellets descendeu notablemente e xa non chega aos umbrais mínimos que recomendan os organismos internacionais para a súa recollida.
Segundo explicou ao término do encontro Lino Sexto, director do Plan Camgal e subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar, no encontro do Cecop para avaliar a evolución da vertedura de pellets provocada pola perda de parte da carga do mercante Toconao ante as costas de Portugal explicouse que todas as fontes consultadas, desde o Centre de Documentation, de Recherche, et de Experimentations sur les Pollutions Accidentelles des Eaux (Cedre) de Francia, á Norwegian Coastal Administration norueguesa ou a Organización Marítima Internacional (OMI), así como a experiencia doutros sinistros constatan que se está por debaixo das cotas que recomendan realizar actuacións de limpeza de costas.
Así, estase por debaixo dos 150 pellets/m2 que foi o método utilizado en Nova Zelanda tralo incidente do MV Rena. Non se chega tampouco á recollida de 50 gramos (3.000 unidades) de pellets de plástico por cada operador e día, baremo utilizado na costa de Sudáfrica tralo sinistro do MSC Susanna; e non se acadan os 500 ml (equivalentes ao contido de dous vasos) deste residuo granulado por limpador e día, criterio que se usou na costa de Noruega tralo accidente do Trans Carrier.
Segundo o director do Camgal toca comezar a pensar en que estes medios non causen máis dano que beneficios na costa galega, adaptándose de forma proporcional á situación real da costa. Por este motivo, os técnicos do Cecop recomendaron tamén unha desescalada progresiva dos medios de limpeza, aínda que se manterá a vixilancia constante para reaccionar, coa máxima velocidade, se se produce un cambio da situación.
Tralo análise dos informes facilitados e a observación continua que se realizan nas praias de Galicia, os técnicos que forman o plan Camgal chegaron á conclusión de que a comunidade reúne os criterios para reducir a alerta. Esta intención será transmitida á Delegación do Goberno en Galicia e, salvo que desde o Executivo estatal se manifeste algún tipo de oposición, será efectivo esta mesma semana. En caso de que nun futuro existisen criterios para subir de novo o nivel farase de forma inmediata.
Evolución da situación
No encontro dirixido por Lino Sexto participaron a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Sagrario Pérez Castellanos, así como técnicos de Intecmar, Meteogalicia e do Servizo de Gardacostas, que abordaron os traballos realizados e a situación actual da vertedura.
Desde a declaración da fase de alerta do Plan Camgal o día 3 de xaneiro do 2024 se intensificou a busca tanto marítima como con helicópteros e tamén terrestre para propiciar a detección de pellets. Despois de ter sacado dos areais 3.560 quilos deste material (equivalentes a 142 sacos) e case 12.000 quilos de outros residuos plásticos, os técnicos apuntan que os esforzos de limpeza das costas só resultan ser efectivos e eficientes no caso de enfrontarse a cantidades significativas de pellets



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



