Alfonso Villares detallou ao órgano representativo do sector a cronoloxía dos feitos, as accións da Xunta e as reclamacións a un Goberno central que notificou tarde o suceso e non activou os recursos para a súa contención antes da chegada á costa
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu hoxe en Santiago o pleno extraordinario do Consello Galego de Pesca centrado na avaliación da chegada de pellets á costa de Galicia e as súas repercusións na actividade do sector, e no que se decidiu por unanimidade promover un manifesto en defensa da calidade e completa salubridade dos produtos pesqueiros e acuícolas e contra os bulos e as falsas informacións que atentan contra a imaxe destes alimentos e da súa actividade.
No encontro o titular de Mar detallou o dispositivo mobilizado en terra e os medios despregados por Gardacostas de Galicia por terra, mar e aire, en contraposición a ausencia dos de Salvamento Marítimo e a falta de actuacións e de medidas por parte do Estado que contribuísen a limitar a vertedura na súa orixe, localizando o contedor cargado con 26 toneladas de granza plástica de onde saíron os sacos e que foi un dos seis perdidos polo mercante Toconao ante a costa de Portugal hai xa case mes e medio.
Nesta reunión cos representantes da actividade marítimo-pesqueira de Galicia houbo coincidencia en que pese a tratarse dun suceso contaminante, non se pode comparar con traxedias de moita maior dimensión e de carácter tóxico padecidas polo litoral galego no pasado. Os profesionais da pesca e a acuicultura censuraron o dano tanto a imaxe dos produtos do mar como o golpe que supón para o seu medio de vida que se utilicen fotografías de incidentes con pellets noutras zonas do mundo, como Sri Lanka, ou que se sacan de bancos de imaxes que nada teñen que ver co que acontece na costa galega.
Para os profesionais marítimo-pesqueiros de Galicia esto constitúe un engano á opinión pública e aos consumidores, pois xéranse dúbidas infundadas e que consideran maliciosas sobre a calidade e seguridade que hai detrás dos produtos do mar. O control na cadea de distribución destes alimentos, xa exhaustivo, incrementouse nas últimas semanas sen que as análises realizadas en distintas especies amosaron presenza algunha de pellets.
Por estes motivos, o Consello Galego de Pesca, órgano que representa a cogobernanza na xestión desta actividade, decidiu a proposta por unanimidade dos seus integrantes promover un manifesto que poña en valor o bo facer do sector e a calidade dos alimentos que capturan ou cultivan, e censure a todos aqueles que acoden ás montaxes a noticias falsas, danando a un complexo mar-industria do que viven preto de cincuenta mil familias galegas.
Actuacións realizadas pola Xunta
O conselleiro do Mar sinalou aos representantes das principais organizacións da pesca en Galicia congregados en Compostela que a Xunta traballará sen descanso ata eliminar todos os pellets da costa galega, ao tempo que analiza as consecuencias da vertedura por medio do Comité Científico de expertos en materia de plásticos constituído hoxe.
Alfonso Villares sinalou que desde o primeiro minuto a Xunta mobilizou todos os seus recursos a través do Plan de Contaminación Mariña Accidental (Camgal). Buscouse que o Goberno central mobilizase os recursos que Salvamento Marítimo tiña na comunidade para localizar e recoller os sacos de pellets no mar, e así poder evitar que chegasen dispersos en millóns de bolas de plástico á costa galega. Sen embargo, finalmente o Estado apenas mobilizou un avión e por veces un helicóptero -e tan só un día unha embarcación- cando Gardacostas de Galicia mobiliza a diario tanto os seus efectivos terrestres, como os seus dous helicópteros e a maioría dos seus buques.
Ademais, o operativo da Xunta monitorizou a situación nas praias nas que se detectou presencia deste material, mobilizando a diario arredor de 400 efectivos e uns sesenta formadores de voluntarios para a limpeza e inspección de ducias de areais en máis dunha trintena de concellos cada xornada.
A Xunta traballou no seguimento das correntes e mareas para anticipar a presenza da vertedura e no análise do material desta granza, a través das fichas técnicas e por estudos científicos que revelaron que o material se trataba de polietileno, que pese a non resultar perigoso si é contaminante, un plástico que debe ser retirado do medio, e o compromiso do Goberno galego é que así sexa.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



