Lugo, 6 de febreiro de 2024. Ante as declaracións do Voceiro provincial do Partido Popular ao respecto do proceso de contratación do programa Coñece a túa Provincia, a Deputación de Lugo manifesta:
– As declaracións do señor Ameijide son un exemplo máis das malas artes e da indignidade política que vén demostrando o PP, acentuada, iso si, polo enorme nerviosismo, temor e preocupación que viven nas filas populares ante a vindeira cita electoral. Para pelotazos, os do PP. Intentan atacar aos demais para tapar as súas propias falcatruadas. O Voceiro provincial do PP é un fiel discípulo de Elena Candia, a campioa do xogo sucio contra os rivais políticos, coa entrega dos anónimos que iniciaron a persecución xudicial contra José Ramón Gómez Besteiro, rebasando todos os límites da ética e da moral.
– O proceso de contratación do programa Coñece a túa Provincia, como todos os que realiza a Deputación de Lugo, é totalmente transparente e legalmente impecable. Trátase do mesmo programa de viaxes gratuítas pola provincia para entidades asociativas sen ánimo de lucro que a institución provincial leva desenvolvendo dende o ano 2021, e conta, coma sempre, cos informes favorables dos servizos de Secretaría e de Intervención. Resulta lamentable que o PP este acusando aos funcionarios provinciais de non facer ben o seu traballo xurídico e de fiscalización, e que cuestione a súa imparcialidade absoluta. O que lle molesta é que o programa funciona ben, e gústalle aos veciños e veciñas da provincia. Por iso, queren embarrar.
– Como recolle a acta, a Mesa de Contratación celebrada o pasado 2 de febreiro:
Primeiro, procedeu a abrir o sobre da oferta relativo aos criterios de adxudicación avaliables automaticamente mediante fórmulas matemáticas.
Segundo, comprobou se algunha das propostas estaba incursa en valores anormais ou desproporcionados, en aplicación da Lei de Contratos do Sector Público.
Terceiro, de conformidade tamén coa Lei de Contratos e da cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares, acordou conceder o trámite de audiencia á UTE formada pola empresa Agrupación de Transportes de Viajeros SA para que, no prazo de 5 días hábiles, xustifique e desglose detalladamente o baixo nivel de prezos, custes ou calquera outro, para a valoración da súa oferta, e precise as súas condicións.
E cuarto, acordou que polo Servizo de Contratación se efectúen os trámites de xustificación da oferta desproporcionada existente e se convoque novamente á Mesa de Contratación para o exame do preceptivo informe técnico.
– Polo tanto, o Partido Popular minte:
A comprobación de valores anormais ou desproporcionados na oferta é unha obriga legal e está automatizada, é dicir, aplícanse fórmulas matemáticas -claramente explicadas na acta da Mesa de Contratación-, polo que non cabe ningunha marxe para a interpretación ou a subxectividade.
Pero é máis, a empresa á que se refire o PP nin sequera está excluída do proceso, porque se lle dá audiencia para que xustifique os prezos que ofrece, e o servizo de Contratación deberá facer un informe técnico ao respecto para que logo o examine a Mesa de Contratación.
– O xogo sucio e a indignidade política, coa mentira como bandeira. Así actúa o Partido Popular. E tamén, co sinalamento, tanto de persoas que non pensan coma eles, como de empresas que non son do seu gusto, e que por iso atacan e descualifican, como se non tiveran dereito a traballar nin a vivir.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



