Hoxe, cando escribo isto, é o último día de campaña electoral. Pasado mañá, 18F, toca votar, aínda que se pode pasar, como unha opción máis.
Mañá, sábado, será día de reflexión e non quero interrompela. Ou sexa: se cando considere rematado este escrito xa rematou tamén este día, nese caso, o escrito non verá a luz en ningures ata luns 19. Así pois, irei ‘polo libro’.
Mais o libro, ese libro, debe estar mal escrito. Resulta que en Ribadeo, tódolos domingos, vense celebrando unha concentración pola paz (12:30, nas escaleiras da casa do concello) da que tan necesitado anda o mundo. Tenta ser neutra no sentido de non chamarse nin a dereitas nin a esquerdas, senón de chamar a aglutinar vontades coa idea de que o importante é a paz, unha paz que hai que construír e para a que hai que poñer as bases. E, de feito, aínda que non soe ser numerosa, ven xente de decenas de quilómetros á redonda. Pídese permiso para a concentración semana a semana, e, para este domingo, eleccións, resulta que por ser un ‘acto político’ non foi permitida en Ribadeo, polo que se traslada a Navia, en Asturias. Alí non hai eleccións, logo pode pedirse a paz… Hai que emigrar para pedir a paz. Galicia, terra de emigrantes para ter futuro, agora tamén o é para poder pedir a paz.
Non sei se pasará igual noutros lugares. Imaxino que en máis dun, si. Pero iso non quere dicir que sexa o adecuado, nin tan sequera, lóxico. Pode dicirse que iso de pedir só a paz para Palestina (así pode malinterpretarse o dicir do cartel da convocatoria difundido esta volta) é política de groso calibre. Por que non para a Ucraína, por exemplo, xa que foi o anterior ardor guerreiro animado polos medios? Por que a bandeira palestina e non a israelí? Poderíase argumentar que están en loita uns contra outros… Despois mesmo de ter sido reclamado un alto o fogo varias veces, con desestimación por parte do goberno israelí, ou de falarse a nivel ONU de masacre e xenocidio palestino, coido que o texto está xustificado aínda que opine que mellor ningunha referencia ningunha guerra, ou que eu non poñería a bandeira. Nin esa, nin a ucraína, nin ningunha. E non porque as bandeiras non sirvan ou porque estea contra delas, senón porque como símbolos poden dar lugar a malas interpretacións. E non fai falta máis alboroto, que xa hai de máis nas loitas múltiples ó longo e largo do mundo.
Pero, indo ó feito sinalado no título: pedir a paz pode considerarse unha opción política? Non é simple humanidade? Así, non é raro -vai en liña con- que por estes lares siga vixente unha lei que amordaza as protestas, mesmo pacíficas, cando contrarían a algo ou alguén que ten poder para activala.



















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



