Afirma que o 18F só hai dúas alternativas: ou Rueda como presidente ou facer historia cunha presidenta do BNG capaz de mellorar a vida das persoas
Santiago de Compostela, 13 de febreiro, 2024. A candidata á Presidencia, Ana Pontón, iniciou a xornada de campaña cun mitin en Burela onde fixo un chamamento a unha mobilización masiva para encher as urnas de votos ao BNG o 18 de febreiro porque o cambio en Galiza está “a unha presa de votos”.
Pontón mostrouse convencida de que o cambio é imparable porque cada día percibe como aumenta “a corrente de ilusión” cara BNG, nos actos, nos mitins, nas redes sociais e na rúa, “cada día son máis as persoas que miran para nós coa esperanza de abrir un tempo novo”, explicou, instando a que “ningún voto do cambio quede na casa, que ningún voto do cambio se perda porque está ao alcance da man ganar un futuro mellor e empezar a construír unha Galiza en grande”.
A líder nacionalista avanzou que miles de persoas colleran por primeira vez a papeleta do Bloque e apelou a facer historia cunha presidenta coas mans libres para defender os intereses do País, “porque a min ninguén me vai poñer límites á hora de defender Galiza, nin desde Madrid nin desde ningún consello de administración, porque sei moi ben quen son, de onde veño e a quen me debo: a maioría social deste País”, proclamou.
A candidata fixo unha apelación a todas as persoas que queren cambio: “Quero dicirlles que son a súa candidata, non importa o que votaran noutras eleccións, hai moita maneiras de sentirse galego, de sentirse galega, e todas son necesarias para poñer en marcha a Galiza que soñamos e que merecemos e deixar atrás o nefasto legado de quince anos do PP”, destacou desde A Mariña, onde compartiu mitin con Olalla Rodil e Daniel Castro.
Fronte aos intentos de desmobilización do Partido Popular durante toda a campaña, Pontón indicou, polo contrario, que estas son as eleccións máis abertas dos últimos tempos, o momento de cambiar o rumbo do País unindo todo o voto de cambio no Bloque para darlle aos galegos e ás galegas o “mellor goberno de todos os tempos” e facer historia cunha muller presidenta.
“Despois de 43 anos Galiza tivo seis presidentes, todos homes e todos de forzas estatais, pregúntovos: colocaron ó noso País no lugar que se merece? A resposta é clara, por iso penso, humildemente, que a Galiza vaille ir moito mellor cunha presidenta do BNG e pídolle os galegos e ás galegas á oportunidade de demostralo”. Neste sentido, indicou que o 18 de febreiro só hai dúas alternativas: ou seguir ancorados no pasado co PP e Alfonso Rueda, o mesmo que deixa unha Galiza máis pequena, ou abrir un tempo novo cunha presidenta nacionalista capaz de mellorar a vida das persoas e cun proxecto de goberno para construír unha Galiza en grande.
Disto é do que van estas eleccións, recalcou, “non van das batalliñas madrileñas, non van de crispación, non van dun premio de consolación para Feijóo ou dunha reválida de Sánchez. Estas eleccións van dos galegos e das galegas”, advertiu.
Por iso, presentouse como a presidenta que defenderá a sanidade pública cun plan de choque de 200 M€ en atención primaria, que porá en marcha un novo modelo de coidados no que as persoas maiores poidan desfrutar desa etapa da vida nas súa casa; a presidenta que lle dea oportunidades á xente nova, para que teña futuro aquí e non teñan que coller as maletas como xa fixeron 200.000 mozos e mozas nos últimos anos”. E a presidenta que traballará por unha Galiza feminista desde a igualdade e con xustiza social.
Na súa intervención, Pontón tamén ironizou co “nerviosismo” dun PP e dun Alfonso Rueda que premeron o “botón do pánico” nesta campaña electoral desesperados por trasladar a Galiza a crispación e as liortas de Madrid, todo para non falar da súa xestión porque sabe que non se sostén. Un PP que deixa recortes en sanidade e en educación, que permita que se faga negocio coa vellez, que auspicia o espolio eólico para que as eléctricas se sigan forrando cos recursos naturais do País, mentres pagamos os custes sociais e ambientais, un goberno do Partido Popular incapaz de poñer Galiza a producir, ao contrario, perdéronse 27.600 empregos na industria, 26.100 no sector primario e todo iso no medio dunha sangría demográfica, con 100.000 habitantes menos que en 2009.
Para non falar desta realidade, o PP está nunha carreira de ataques contra o BNG usando a mentira e a manipulación nos medios públicos. “Imos ben, imos moi, moi ben e nin todas as mentiras do PP van poder parar un cambio que é imparable”. Por iso, nesta recta final de campaña, a candidata nacionalista comprometeuse a poñer en marcha o mellor Executivo da historia para “deixar atrás o tempo das promesas e da propaganda e dar paso ao tempo dos feitos e dos compromisos cumpridos”.
Compromisos concretos coa Mariña
Neste sentido, avanzou como unha das súas prioridades de goberno que vai negociar co Estado a intervención pública de Alcoa para garantir a actividade e os postos de traballo dunha empresa que, remarcou, é estratéxica para a comarca e para Galiza. “Necesitamos maior actividade económica, recuperar sectores produtivos e captar industria, e non podemos permitirnos o luxo de perder o que temos”, asegurou.
Logo de subliñar que A Mariña “precisa un goberno con proxecto e capacidade para defendela”, Pontón adiantou algunhas das medidas que contempla o BNG para a comarca e, neste sentido, avogou por liberalizar o dique norte de Alcoa e darlle a San Cibrao unha autoridade propia, “porque Lugo é a única provincia marítima con porto de interese xeral e que non ten autoridade portuaria propia”, afondou.
A líder do Bloque tamén se comprometeu a traballar a prol dunha Mariña “conectada dunha vez por todas” porque, segundo denunciou, “esta comarca está farta de décadas de retraso nas infraestruturas”. Neste sentido, concretou que co BNG no executivo vaise reactivar a construción da Vía de Altas Prestacións San Cibrao-Ferrol, que acumula décadas de retrasos e que se ten convertido nunha débeda histórica coa comarca.
No que ten que ver coas infraestruturas, Pontón deu a súa palabra tamén en Burela de que un goberno do BNG “non vai deixar que Lugo perda o tren”, precisando que un dos seus obxectivos como presidenta será converter o FEVE nun “auténtico servizo de proximidade para comunicar e vertebrar toda a comarca”.
Traballar “man a man” co sector da pesca, no que A Mariña é unha potencia cos portos de Celeiro e Burela como grandes referentes, foi outro dos compromisos adquiridos pola candidata á Presidencia, que garantiu que a xente do mar vai ter no goberno do Bloque “una aliado par defender o seu futuro”.
Por iso, subliñou, se os galegos e as galegas lle dan a confianza para presidir o País, negociará co Estado a retirada dos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM). “Porque encher os nosos caladoiros de eólicos suporía un golpe de morte para o sector e non o imos permitir”, concluíu.





















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



