A proposta integral de envellecemento activo, e que se prolongará inicialmente ata o mes de xuño, inclúe talleres de memoria, talleres terapéuticos ou rutinas de exercicios para contribuír a dinamizar o seu día a día e fomentar a súa socialización
Cervo, 1 de febreiro de 2024. O Concello de Cervo vén de deseñar un novo programa dirixido especialmente á poboación maior de sesenta anos baixo o título “Arruguiñas”.
A iniciativa, que foi presentada este mediodía no auditorio da Casa da Cultura pola rexedora, Dolores García Caramés, e pola edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, artéllase sobre catro piares fundamentais: taller de memoria, móvete, actívate e talleres terapéuticos; todas estas propostas compoñen unha iniciativa transversal pensada para este nicho de poboación co obxectivo de contribuír a dinamizar o seu día a día, e de que se manteñan activos e activas social, físico e mentalmente.
Tal e como explicou a alcaldesa, “levamos meses configurando con moito mimo este programa co que pretendemos chegar a toda a veciñanza que se atope neste etapa de madurez, para ofrecerlles todas as ferramentas e os recursos posibles para mellorar o seu desenvolvemento persoal durante esta etapa da vida, motivándoa a permanecer activa e recordándolle o papel fundamental que desempeñan no noso municipio”.
A rexedora apuntou que levamos xa moitos anos programado os talleres de memoria nas diferentes parroquias con gran éxito de participación, pero pensamos en crear un programa máis amplo, completo e transversal baixo o paraugas de “arruguiñas”, para o que tamén contamos coa colaboración da asociación Saúde Mental A Mariña que impartirá os talleres terapéuticos que terán lugar cada venres, na Casa do Mar, en horario de 16:00 a 17:00 horas. Serán uns encontros moi bonitos que servirán tamén de convivencia e intercambio de experiencias coas persoas que padecen algún tipo de trastorno mental, usuarias desta asociación –apuntou a rexedora- que lle trasladou o agradecemento do Concello a esta asociación, a través da súa directora, María José Novoa “por estar sempre dispostos a colaborar, por esa reprocidade constante en todas cantas iniciativas se programan”. Entre os obradoiros previstos para os próximos meses con esta asociación están un taller de resina, un textil, un de elaboración de xabóns artesanais e un de deseño de libretas e axendas.
Ademais, como se dixo o programa contempla un taller de memoria no que se traballarán técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións cognitivas en xeral; que terá lugar, inicialmente, na biblioteca de Cervo, os martes e xoves de 16:30 a 18:00 horas; e en San Ciprián, os luns e mércores de 17:00 a 18:30 horas na Casa do Mar. Tamén se levarán ás outras parroquias se se cumpre o mínimo de 6 persoas inscritas.
Por outra banda, actívate terá lugar cada martes na Casa do Mar, cada martes, en horario de 11:30 a 12:30 horas cos seguintes talleres:
.Conectámonos, dirixido a favorecer o manexo das novas tecnoloxías
.A miña voz interior, taller no que se traballará a mente desde os recordos e as emocións na procura dunha activación cognitiva.
.A miña mente,enfocado a estimular, potenciar, recuperar e preservar as actividades sociocognitivas.
.Envellecemento activo, enfocado á estimulación das habilidades manipulativas e á psicomotricidade fina.
Ademais “Arruguiñas” tamén inclúe o programa Móvete, co fin de favorecer a incorporación de exercicios á rutina diaria para manterse activos/as, fomentando ademais a socialización. Será os luns e mércores, de 9:30 a 10:30 horas, na Casa do Mar.
E un martes ao mes terá lugar a iniciativa CHARLANDO, que serán encontros informais e didácticos con profesionais de diferentes sectores da sociedade.
Tal e como afondou a alcaldesa, “tamén quixemos achegar Arruguiñas ás persoas usuarias do Centro de Día Residencia”. Levaremos alí o programa actívate, cada xoves, pola mañá; e promoverase tamén o obradoiro coas túas mans cada mércores e venres de 11:00 a 12:00 horas; un taller de manualidades para traballar a atención e a concentración, e a súas habilidades cognitivas.
As persoas interesadas en inscribirse teñen ata o 15 de febreiro para facelo na Casa da Cultura, e o taller comezarase a impartir na semana do 19 de febreiro.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



