De antigo, falar foi o xeito máis normal de comunicarse dos humanos. Falar de xeito directo, sen intermediarios. Ista última precisión é importante: se hai intermediarios, pérdese o control da conversa de extremo a extremo. Ese control foise perdendo pouco a pouco precisamente pola intermediación. Comezou coa escrita, na que o medio, o papel, podía quedar noutras mans e polo tanto, desaparecer, borrarse de xeito intencionado, variar o escrito…
Ter intermediarios non ten por que ser malo. Pode facilitar a comunicación facela máis persistente, permitir o seu rexistro, etc. O caso é que si, implica unha perda de control. Co teléfono a cousa non foi a mellor. Non só a mensaxe podía quedar (nos primeiros tempos) na cabeza das telefonistas, senón que, dese xeito, quedou demostrado que co novo medio, aínda sen técnicas avanzadas, podía ser interferido e intervido, cruzarse conversas, filtrarse información, ou sinxelamente, impedir a conversa por desconexión. É dicir, destruír a comunicación e illar á persoa.
Evidentemente, dende a automatización do proceso mediante internet, a comunicación diversificouse de múltiples xeitos e a través de múltiples canles. E as conversas poden ser mediatizadas, extraídas do seu contido, cesadas, imitadas ou deturpadas de moitos máis xeitos. É dicir, de novo, máis facilidade para destruír a comunicación ou illar á persoa.
Agora mesmo, un caso particular: remato de ler que a conta en X da viúva de Navalny, o opositor ruso morto nunha cárcere dentro do círculo polar, foi inhabilitada durante varias horas, aínda que volveu a estar dispoñible máis tarde. Por? Polo que di a compañía, ‘por un erro’. E xa está. O erro pode ser unha decisión errónea ou ou erro de conexión, entre outras posibilidades. E o esnaquizamento da comunicación sufrido nese tempo? Ah! O caso é que está ‘xustificado’ que unha persoa perda a conexión sen máis. A min mesmo, xa teño apuntado que Facebook tenme secuestrado os meus datos, sen darme oportunidade de retiralos da rede ou de avisar ós meus contactos de que xa non teño acceso a esa rede social, se non paso polo aro que me pon. En teoría, sería algo moi doado de amañar: aí está a lei de protección de datos e a axencia correspondente. Na práctica, máis dun trimestre despois, sigo sen solución, tras usar paliativos como intensificar a miña comunicación nunha rede libre, Mastodon, comunicalo á xente da que teño contacto por Telegram, etc.
Por iso, o bo da independencia, da existencia de múltiples canles e da apertura de comunicacións non dependentes de compañías, sen relación de dependencia con empresas e robustos fronte a ataques, é que sempre tes liberdade, un pequeno burato para moverte cando non tes poder e tentan esmagarte. Nin as compañías de medios (que elaboran e dirixen a mensaxe) nin as de redes sociais (que os usan e manexan ó seu antollo sen límites a pesar das leis) che deixan ese burato a non ser por despiste, tamén, ‘por erro’. Algo que está a empeorar pola introdución das mal chamadas IA, que dificultan a identificación da realidade separándoa da ilusión mentireira fabricada de xeito instantáneo, mesmo en vídeo.
Mentres, o falar de xeito directo, tranquilo, pensado, vendo todas as reaccións producidas na linguaxe corporal… estase a facer máis raro. Por certo, ‘isto’, esta comunicación, non é ‘exactamente’ falar…


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



