A candidata número 3 do PSdeG pola provincia de Lugo denunciou este martes nunha visita a Barreiros, onde comprobou o estado de abandono do río Masma, “o trato discriminatorio da Xunta de Rueda” co canon da auga, que só repercute nos concellos gobernados polo PP
Barreiros, 6 de febreiro de 2024. A candidata socialista ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo Mayra García Bermúdez anunciou este martes que cando José Ramón Gómez Besteiro sexa Presidente da Xunta de Galicia “repartiremos o canon da auga recadado con criterios xustos para que chegue a todos os concellos”.
A número 3 da lista do PSdeG pola provincia fixo estas declaracións á beira do río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos, en Barreiros. Acompañada pola segunda tenente de Alcaldesa de Barreiros, a socialista Carmen Veiga, e membros da agrupación, a candidata puido comprobar o mal estado de conservación e de limpeza no que se atopa o caudal.
“A Xunta de Galicia do PP o único que fai é exercer de recadador dos concellos que pagan o canon da auga, pero estes non ven reinvestimento deses pagos, tal e como estamos a ver hoxe aquí co abandono dos ríos de Galicia”. Estes cartos, subliñou, “non chegan, nin en obras de melloras para o abastecemento de auga potable aos veciños e veciñas, nin tampouco no que se refire ao mantemento dos ríos”. Denunciou a candidata “o trato discriminatorio do PP de Rueda, que só se limita a investir e asinar convenios en concellos gobernados pola súa cor política, discriminando o resto de veciños gobernados por dirixentes doutras siglas, e todo pese a que o diñeiro é de todos os galegos e galegas”. Porque son eles, recalcou, “os que ingresan o canon á Xunta, que despois por intereses partidistas non chega por igual a cada concello para mellorar un servizo básico e fundamental como é o de abastecemento de auga potable”.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



