Ribadeo, 27 de febreiro, 2024. Nestes días, ante a denuncia dos veciños da zona, acudimos ao barrio de Santa Cruz para ver no propio lugar unha fuga de auga que se leva producindo desde o mes de Outubro, aproximadamente, de xeito diario e constante.
Os veciños séntense abandonados polo goberno do PP ao facer este oídos xordos sobre esta problemática durante tantos meses. O voceiro do BNG de Ribadeo, Pablo Vizoso, pregúntase o porqué deste abandono e a pouca importancia que o PP lle dá ás reclamacións dos nosos veciños e á conservación da auga nun mundo no que este ben é cada vez máis prezado polo aumento na frecuencia nas secas. Un elemento básico para as nosas vidas que o goberno do Partido Popular parece non ver.