Unha carpa de 1.200 metros cadrados alberga esta cita gastronómica, que reúne entre hoxe e mañá a máis de 70 expositores
Lugo, 3 de febreiro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado do Alcalde, Carlos López, e de deputados e deputadas provinciais, participou este sábado na inauguración da XXVII Feira do Butelo que se celebra esta fin de semana na Fonsagrada. O Concello, organizador do evento, instalou unha carpa de 1.200 metros cadrados fronte á Casa Consistorial para albergar a cita gastronómica, que reúne entre hoxe e mañá uns 70 expositores e na que está previsto que se vendan 10.000 quilos de produtos cárnicos.
“Esta feira é un exemplo da enorme capacidade que temos no rural para crear actividade económica. Demostra que o rural está cheo de vida, de oportunidades e de proxectos todos os días do ano”, asegurou o Presidente, quen destacou o “esforzo co rural que estamos facendo dende hai moito tempo dende o Concello da Fonsagrada e dende a Deputación de Lugo”.
O mandatario provincial felicitou ao Alcalde por liderar “o éxito colectivo” que supón a Feira do Butelo, “ao que temos a honra de contribuír dende a Deputación de Lugo prestando a nosa colaboración económica”, nesta edición por importe de 20.000€. A cita, subliñou, “continúa medrando ano tras ano grazas ao bo traballo dos produtores, dos hostaleiros e do comercio; da implicación dos veciños da Fonsagrada; e do impulso do Concello”.
Neste sentido, destacou que a feira, de Interese Turístico galego, “é un referente para toda a provincia de Lugo, para toda Galicia, e cada vez para máis visitantes que chegan doutros puntos de xeografía española”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



