Ames (A Coruña), 12 de marzo de 2024. O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou este martes na mesa redonda sobre ‘A situación actual do sector pesqueiro e perspectivas de futuro: visión dende Galicia’ que foi organizada pola Federación de Confrarías de Pescadores de Galicia co apoio do Consello Económico e Social (CES) de Galicia e abordou cuestións de candente actualidade para esta actividade esencia e estratéxica para a autonomía. Debateron tamén neste foro Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías; José Antonio Pérez Sieira, titular dos pósitos galegos; e Manuel Pérez Álvarez, presidente do CES Galicia.
A eólica mariña, a protección de especies que afectan á actividade extractiva como os cetáceos, a histórica e desatendida demanda ao Goberno central de que rebaixe o IVE aos produtos do mar ou a solicitude de zona catastrófica ao Estado polo impacto dos temporais do pasado outono no marisqueo foron algúns dos temas abordados, entre outros, durante o construtivo debate na sede da Federación Galega de Confrarías.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



