A cativada partipará no xogo “Que árbore é?” ao longo destes días, culminando nunha xornada de entrega de diplomas na que se plantará unha árbore nos xardíns de cada centro o propio día 21 de marzo
Burela, 15 de marzo de 2024. O Concello de Burela celebra o Día da Árbore co alumnado de primaria dos dous centros do municipio, o CEIP Vista Alegre e o CEIP Virxe do Carme. Participarán no xogo “Que árbore é?” organizado polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.
O Día da Árbore celébrase o día 21 de marzo. Nesa data entregarase á clase gañadora do xogo un diploma e a cativada plantará unha árbore, proporcionada pola Delegación de Medio Ambiente, nos xardíns de cada centro.
Lina Gómez Pardo, concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica e responsable do centro Gaia, sinala que con este tipo de actividades preténdese “concienciar á comunidade e loitar por un impacto medioambiental positivo, contribuíndo á reforestación e combatindo o cambio climático”.
No día de onte explicouse en cada aula a dinámica do xogo, que se vén realizando dende hai anos, e se entregaron as follas que servirán para facer as votacións grupais antes do día 21, ao tempo que se colocaron as urnas.
A primeira pista colócase hoxe, día 15 de marzo, e as sucesivas pistas, 4 en total, os días 18, 19 e 20 deste mes. Serán colocadas nunha árbore na entrada de cada centro.
Neste xogo de pistas tamén participan a Fundación Eu Son, a Asociación Saúde Mental A Mariña e a Asociación Camiña. As pistas nestes casos colocaranse nun panel en cada centro, pero o sistema de votación será idéntico, e tamén recibirán para plantar a especie de árbore que previamente elixiran.
Nas dúas escolas infantís A Galiña Azul realizaranse obradoiros de plantación de sementes ou entregas de plantas para os seus centros.






















Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. A directora, Raquel Hermida, salienta que o programa busca fomentar o talento infantil a través de experiencias novas, traballo en equipo, creatividade e proxectos de emprendemento. A escola funcionará de 8:00 a 15:00 horas para facilitar a conciliación e ofrecerá talleres de oratoria, comunicación e intelixencia emocional, ademais de reforzo escolar, novas tecnoloxías e mecanografía. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 982 58 50 98 ou no correo raquel@amarina.org.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



