Os populares xa advertiran fai meses de que era “unha subida absolutamente excesiva” porque “cuadriplica case o importe que estaban a pagar ata agora”
Foz, 26 de marzo de 2024. O PP de Foz alégrase de que “o alcalde rectifique” porque “cando rectifica acerta”. O voceiro, Javier Castiñeira, refírese á ordenanza de ocupación das terrazas de hostalería “que o Partido Popular dixo fai meses que era absolutamente excesiva” e “daquela escoitamos ao alcalde e aos seus socios dicir que a contía era moi pequena”.
O PP xa advertira que era “inxusto” porque “levaba a cuadriplicar case o importe que estaban a pagar ata agora, un importe totalmente desproporcionado que levaba aos hostaleiros a ter que deixar de poñer terrazas”.
“O señor Cajoto non quere facerlle caso ao PP -igual que co tema da residencia ou a Escola de Música- e tira para adiante ata que non lle queda más remedio que rectificar. Alegrámonos, pero vólveo facer tarde”, indica o popular. Iso motivou ocasionou no seu momento que os hostaleiros e asociacións tiveran que preparar as alegacións e gastar os seus cartos e, sobre todo, creou unha incerteza moi grande no sector en todos estes meses”.
Castiñeira considera que “o alcalde tíñao moi fácil se no momento no que o sacou o PP reunira a tódolos afectados e os representantes políticas e o rectificara. Iso sería humildade e non facelo agora tralas alegacións que o único que fan é rectificar a ordenanza como pedía o Partido Popular”.
“Ao alcalde pésalle o seu orgullo que escoitar á oposición que está demostrando saber do que se estaba a falar por estar en contacto cos intereses dos veciños”, conclúe Castiñeira.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



