Ribadeo, 13 de marzo, 2024. Trala celebración do 8M, o BNG de Ribadeo fai unha reflexión: “Falámos noutro comunicado do BNG de Ribadeo da nosa preocupación pola falta de rigor e pola concepción errónea nas políticas de igualdade que leva adiante o PP en Ribadeo”.
“Centrándonos só nas datas máis significativas, vimos como no 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, se contraprogramaban as actividades de concentración e repulsa organizadas por colectivos feministas, con concertos á mesma hora. Vimos como ese día, despois de ler un manifesto en contra da violencia contra as mulleres, se ían de celebración, unha comida de nadal do seu partido político. Velaí a coherencia, velaí o compromiso, velaí o respecto ás vítimas, e a importancia real que se lles dá a estas cuestións; un día máis, unha actividade máis, como quen inaugura unha rúa ou vai á festa dos callos. O caso é facer que se fai”.
“Con estes antecedentes, e xa manifestada a nosa disconformidade con esta maneira de facer as cousas, voltamos a atoparnos con outra data sinalada para as Mulleres, o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que desde o Concello decidiron “celebrar” entre spas e concertos”.
“A proposta máis chamativa de todas, unha excursión de día completo a un balneario para que as mulleres se relaxasen no que debe ser o día de maior reivindicación feminista, afastándoas así de toda mobilización. Entre as actividades do programa da excursión, a asistencia a unha “charla informativa sobre os beneficios balnearios”.
Mágoa que a “charla informativa” consistise nunha actividade de venda de productos de presoterapia de dúas horas de duración”.
“Son moitas as dúbidas que nos asolan ante a gravidade de promover desde unha institución pública a asistencia a unha charla comercial dentro dunha actividade propia: Informouse ás mulleres participantes de que ían ter que asistir a un acto promocional de productos ou enmascarouse dentro da “viaxe en igualdade”? Quen era o beneficiario último destas posibeis vendas? Que intereses ten o Concello nestas transaccións para promovelas dende a súa programación institucional?”.
“Ao engano da charla, sumouse o de que as participantes chegarían a Ribadeo a tempo para que as que estivesen interesadas poidesen asistir á manifestación convocada polo OMI para este día, feito que nunca ocorreu”.
“Non celebramos, reivindicamos, un lema que se escoitou unha e outra vez na manifestación convocada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade este 8 de Marzo e apoiada por outros colectivos, sindicatos e partidos. E así é: o 8 de Marzo é un día de loita e reivindicación das mulleres para conseguir dereitos que se lles negan, para avanzar cara a igualdade; non é un día para celebrar con excursións, xantares e merendas ou xogos de parchís. Estas actividades, ben programadas e deseñadas, tamén poden axudar na concienciación, na sensibilización, na axuda entre mulleres, mais non son actividades para un día tan sinalado”.
“Ribadeo ten unha grande bagaxe de loita feminista, en grande medida, polo inmenso traballo feito desde a Concellaría de Igualdade dos equipos de goberno do BNG nos anteriores mandatos. Non podemos consentir retrocesos. E desde o BNG de Ribadeo estamos a disposición do noso pobo, e tamén do Concello, para entre todas e todos seguir avanzando en igualdade”.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



