O goberno local realizará tarefas de pintado e sinalización horizontal do polígono ademais dunha renovación do alumeado público para a que vén de solicitar unha axuda de máis de 100.000 euros
Vilalba, 18 de marzo de 2024. O Concello de Vilalba mantivo unha reunión na mañá deste luns coa directiva da Asociación de Empresarios Sete Pontes coa finalidade de estudar as principais liñas de acción que motivarán as vindeiras actuacións da corporación municipal no parque empresarial de Vilalba.
Na xuntanza, ademais dos representantes do goberno local tamén estiveron presentes todas as forzas políticas representadas na corporación que, de forma conxunta, abordaron cos empresarios vilalbeses cales son as principais necesidades do polígono Sete Pontes e as melloras e actuacións que se prevén levar a cabo durante os próximos meses.
Segundo o acordado, o Concello realizará tarefas de pintado e sinalización horizontal e vertical das rúas e os espazos públicos do polígono industrial, que contan cun orzamento de 17.800 euros. As actuacións, que se levarán a cabo unha vez melloren as condicións meteorolóxicas, inclúen a limpeza e desbroce do parque empresarial, o pintado de máis de 13.000 metros de liña continua e discontinua, máis de 1.000 metros cadrados de pasos de peóns e a instalación de numerosas sinais horizontais e verticais.
A alcaldesa, Marta Rouco, referiuse a ditas tarefas como “esenciais debido ao alto volume de tráfico que ten o polígono industrial” polo que permitirán “mellorar a seguridade viaria e os servizos ás empresas instaladas no noso parque empresarial”.
De cara ao futuro, o goberno local prevé unha renovación do alumeado público do parque empresarial para o que o goberno local vén de solicitar unha subvención cun orzamento de 109.075,07 euros.
Ditas actuacións, para as cales a documentación está xa presentada, consistirán na substitución de 123 luminarias existentes por outras de menor consumo enerxético, con tecnoloxía led e de dobre nivel. Ademais, tamén se realizará a adecuación dos centros de mando á nova situación e á normativa vixente e executaranse as actuación de mellora do cableado existente e as tomas de terra nos puntos necesarios.
“Con esta actuación conseguimos reducir máis dun 65% o consumo enerxético anual e mellorar as condicións de traballo das empresas instaladas no parque empresarial” explicou a alcaldesa, Marta Rouco.
Pola súa banda, os representantes da Asociación de Empresarios Sete Pontes solicitaronlle ao goberno local a adhesión do Concello de Vilalba ao programa Doing Business, cuestión que o equipo de goberno estudará para converter ao municipio en Concello Emprendedor. Unha medida coa que poderán establecerse rebaixas fiscais para as empresas que se instalen no municipio ou facilidades para o acceso ao solo industrial, entre outras.
Ademais, dende a asociación de empresarios tamén amosaron o seu interese na ampliación do polígono industrial, polo que o goberno municipal os informou da situación actual da tramitación





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



