Os deputados populares recordan que PSOE e BNG aprobaron a creación deste órgano nos plenos de xullo e outubro a pesar de que xa hai outros dous tribunais, un galego e outro nacional, que son os competentes para resolver os recursos, nos que o PP votou en contra en ambas ocasións
Lugo, 18 de marzo de 2024. “Seguen a dar forma a outro chiringuito máis de Tomé”. Así de contundentes se amosan os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo tras ter coñecemento de que o presidente provincial segue adiante coa creación deste órgano, que PSOE e BNG aprobaron nos plenos de xullo e outubro, en ambas ocasións co voto en contra do PP.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, dubida da “utilidade” que este tribunal xa que “os competentes para a resolución deste tipo de asuntos son os tribunais autonómico e nacional”. “No seu momento esiximos luz e taquígrafos e mantemos a nosa esixencia”, afirmou.
Ameijide recorda que esta fin de semana Tomé anunciou os nomes da persoas que formarán este tribunal e afirmou que se crea para “coñecer e resolver cunha maior axilidade e eficacia os recursos especiais en materia de contratación da Deputación e tamén dos concellos que queiran usar este servizo”, unha afirmación que o voceiro popular pon en dúbida xa que “o TACGal é o tribunal máis áxil de España xa que resolver un trámite completo en 14 días”. “PSOE e BNG deben aclarar como se realizou o proceso de selección”, indico, dado que ningún é especialista en dereito administrativo.
O TACGal creouse en Galicia hai máis de 5 anos e dá servizo a todas as entidades locais de Galicia para contratos de máis de 3M€ ou de subministros e servizos de máis de 100.000€, unhas competencias que “o goberno provincial quere duplicar, non sabemos moi ben con que obxectivo”.
Ameijide explica que en Galicia non existen tribunais provinciais deste tipo. Só hai a única excepción de Vigo, que o creou antes de que existira o TACGal, pero nunca chegou a entrar en funcionamento. A nivel nacional, unicamente funcionan en Andalucía, pero debido ás características territoriais desta comunidade, xa que é moi extensa.
Neste senso, dende o Grupo Provincial Popular esixen a Tomé que explique publicamente os motivos de duplicar funcións creando “chiringuitos” e aumentando o gasto. “Tamén debería de explicar se as persoas designadas son afíns a PSOE e BNG”, sinalaron.
Dende o PP esíxese a Tomé que en lugar de crear novos órganos que “semellan non ser necesarios” teña a vontade suficiente para destinar o seu traballo e esforzo a arranxar e ter en bo estado a rede de estradas provincial ou a dar un trato igualitario a todos os concellos da provincia, en lugar de destinar os recursos en convenios con aqueles concellos afíns e da súa cor política.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



