Este sábado, 6 de abril, con saída ás 12h da confraría de pescadores de Burela
A Mariña, 4 de abril de 2024. A CIG apoia e fai un chamamento a participar na mobilización convocada para o próximo sábado, 6 de abril, polas asociacións e federacións de confrarías de pescadores en defensa do futuro do sector e dos territorios costeiros amplamente dependentes desta actividade, como o Cantábrico-Noroeste, e alertar do impacto que terán sobre os ecosistemas os proxectos para a implantación da enerxía eólica mariña. A manifestación sairá ás 12h de diante da Confraría de pescadores de Burela.
A CIG considera que o actual modelo de implantación de enerxías renovábeis carece dun desenvolvemento ordenado, racional ou planificado, e non obedece ás necesidades do país, nin respecta ás persoas nin o medio ambiente. Pola contra, reforza a concentración do poder da produción e da distribución de electricidade en mans de multinacionais foráneas da enerxía que se lucran a conta de espoliar o territorio e asoballar o pobo galego.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, subliña que “un modelo enerxético sustentábel non pode poñer en perigo aqueles sectores sociais que proporcionan alimentos básicos á poboación, non garantir que non existan repercusións negativas de carácter ambiental e ecolóxico, nin supor un prexuízo económico e social irreversíbel”.
A este respecto, a central nacionalista lembra que os plans de ordenación mariña aprobados polo MITECO, tal e como están concibidos, constitúen un retroceso, xa que non son compatíbeis cos usos tradicionais da nosa costa, co mantemento da actividade pesqueira ou coa preservación da biodiversidade dos ecosistemas mariños. Contra destes plans, a CIG formulou unha serie de alegacións que non foron atendidas e a Plataforma da Pesca e dos Ecosistemas Mariños ten interposto varias reclamacións e recursos xudiciais.
Ademais, no proceso de participación pública do “Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar”, que rematou o pasado 25 de marzo, a CIG presentou alegacións propondo que se exclúan da eólica mariña os territorios que no ano anterior cumpran os obxectivos de produción eléctrica con renovábeis fixados no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, PNIEC, de aplicación.
Deste xeito, apunta Carril, “entedemos que se poderían preservar as nosas costas das instalacións de eólica mariña tendo en conta a potencia xa instalada e que Galiza cumpre sobradamente os obxectivos establecidos”.
A CIG tamén propón que se exclúan as solicitudes que evidencien “un dano grave aos ecosistemas mariños ou á actividade pesqueira desenvolvida na zona proposta”, que se aumente o prazo para o trámite de avaliación ambiental de 30 días a 45 días, e que o procedemento de adxudicación sexa por concesión administrativa e non por concorrencia competitiva.
Neste senso, para a CIG, o diálogo debe ser un imperativo para os promotores en favor dos sectores económicos e sociais ameazados e os criterios de ponderación para as concesións deben priorizar o interese económico e social “salvagardando e protexendo en todo momento a cohesión social e as actividades, zonas e caladoiros de pesca dedicados ao abastecemento de alimentos, priorizando a soberanía alimentaria”.
Xunto aos requisitos técnicos e legais é imprescindíbel se estableza a obriga de presentar “proxectos de desenvolvemento económico e plans industriais asociados e vinculados creadores de emprego neto real, sen posibilidade de segregar da actividade de produción de enerxía, propostos para a súa implantación nos territorios afectados nos que se aproveite todo o valor engadido pola produción de enerxía”.
A CIG entende que cómpre mobilizarse para conseguir unha Galiza libre de eólica mariña e para reclamar un modelo enerxético realmente xusto e sustentábel, que entenda a enerxía como un dereito fundamental da sociedade e dos pobos para ter unha vida digna, que poña o interese social, o ben público e a protección da natureza por diante do lucro e da especulación.




















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.



