Iria Castro: “a Xunta emprega os procedementos administrativos, dispostos para a protección dos bens patrimoniais, para impedir o seu mantemento e conservación”
Lugo, 25 de abril de 2024. A Xunta de Galiza impide que se realicen tarefas de limpeza e estudo na contorna da Torre de Caldaloba, recuperada para o patrimonio público pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Co obxectivo de avanzar na súa conservación e posta en valor, a área de Cultura encargou un proxecto de intervención arqueolóxica na contorna da Torre. Trátase dunha actuación que inclúe o desbroce de parte do xacemento, o desenvolvemento de seis sondaxes arqueolóxicas valorativas e a colocación dunha protección no pozo situado a carón da fortaleza. A Xunta de Galiza recibiu o 5 de decembro de 2023 a solicitude para realizar a intervención, que, case seis meses despois, non respondeu.
A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “ a Dirección Xeral de Patrimonio requiriu documentación, que foi achegada, pero non respondeu á solicitude, como xa fixo con outras actuacións proxectadas desde a Vicepresidencia da Deputación” e criticou que “a Xunta de Galiza empregue os procedementos administrativos, dispostos para a protección dos bens patrimoniais, para impedir o seu mantemento e conservación”.
Neste sentido, a responsable provincial lembrou que a Consellería de Cultura se escudou tamén no silencio administrativo para impedir os traballos de consolidación e estabilización da Torre proxectados o ano pasado pola Vicepresidencia da Deputación.
Aquela intervención recollía diferentes actuacións sobre as fachadas Noroeste e Suroeste da Torre do antigo castelo de Vilaxoán. Os traballos previstos consistían na limpeza de vexetación nas dúas fachadas e na coroación dos muros de cachotería mediante a retirada manual de plantas e raíces. Tamén se contemplaba a substitución e reparación dos elementos de cimbra de madeira do interior da Torre, e a recolocación ou substitución da cuberta de chumbo instalada en 1998 e na inxección de morteiro de cal sobre muros e fábricas de ser necesario.
A solicitude, rexistrada o 23 de febreiro de 2023, nunca tivo resposta por parte da administración autonómica, que impediu así o desenvolvemento dos traballos.
Dereito de retracto
Os obstáculos aos traballos de posta en valor da Torre, sucédense desde que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo adquirira unha das parcelas nas que se ubica a Torre, posibilitando a recuperación para o patrimonio público deste BIC. A parcela adquirida ten unha superficie de preto de 2 hectáreas de terreo que inclúen a metade da edificación -53 metros cadrados de planta e as fachadas noroeste e suroeste- e o sistema de fosos e contrafosos defensivos do perímetro da edificación.
A institución provincial adquiriuna a través dun acordo de Xunta de Goberno tomado o 29 de xullo de 2022 e ratificado coa inscrición da compra e venda en documento público o 21 de outubro de 2022. A Xunta de Galiza anunciou naquela data que exercería o dereito de retracto que lle outorga a Lei de Patrimonio Cultural de Galiza e iniciou o trámite pero, un ano e medio despois, segue sen concretalo.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



