Botar a vista atrás e facer balance do traballo feito por unha comunidade é un esforzo que se debe de realizar cada certo tempo para sacar conclusións de proveito. Corenta e cinco anos de xestión dos concellos de man dunhas corporacións democráticas dan para, desde unha mirada retrospectiva, ver como podemos seguir desenvolvendo o proxecto comunitario de Ribadeo.
Resulta positivo destacar as virtudes doutras épocas para aprender delas. Así, sóese decir que cando todo estaba por facer e tocaba desenvolver o exercicio da democracia no día a día dos concellos quizá ese espirito colaborador estaba máis presente que na actualidade. Aínda que tamén se demostrou en épocas posteriores e máis próximas que en temas cruciais, como pode ser o desenvolvemento urbanístico, puxémonos todos a unha para superar a situación anómala de estar rexidos en pleno século XXI por unhas normas subsidiarias de 1.978. Entedemos todas e todos que ben merecía a pena o esforzo por acadar o consenso e superar o caos urbanístico e a depredación do territorio.
De igual xeito soubemos poñernos todos a unha e facer piña para acadar o soño dunha residencia de maiores pola que nos unimos toda a sociedade ribadense para facela realidade. Mágoa que houbese quen, tendo responsabilidades noutros ámbitos políticos, mirase para outro lado ou se puxese de perfil, en vez de sumarse á demanda de colaboración da Xunta nese nobre obxectivo. Aínda hoxe resulta clamoroso o seu silencio, o da Xunta e o de quen mira para outro lado, con respecto á promesa electoral de 700.000 € para a reforma do Hospital Asilo e que segue sen concretarse. E que supón a segunda histórica negativa da Xunta para atender as necesidades de Ribadeo. Así calquera fai brindes ao sol lembrando tempos pasados de colaboración mutua sen mirar ideoloxías. Entón, en qué quedamos? Por qué a Xunta non apoiou a construcción da residencia de maiores nin tampouco agora a reforma do Hospital Asilo? Polos cartos ou pola ideoloxía?.
Corenta e cinco anos é un prazo ben prolongado para afirmar que houbo acertos por parte de todos os alcaldes e dos seus gobernos. Pero facer balance de todos estes anos non pode reducirse a unha práctica de surf político, a subirse na cresta da onda como se quen vai enriba da táboa foi quen inventou o Panchorro, descubriu o surf e, incluso, garante o bo tempo o día da proba.
Aínda é máis preocupante outra cuestión: a xestión económica do Concello nos anteriores mandatos co BNG ao frente logrou un re-equilibrio das contas que permitiu uns niveis de investimento e que propiciou que, ano tras ano, Ribadeo estivese en constante desenvolvemento e transformación. Coa colaboración doutras administracións acometéronse obras e creáronse servizos e infraestruturas que melloraron a nosa calidade de vida. Á vista están. E ese esforzo inversor foi posible tamén grazas á solvencia económica do Concello, capaz de corresponder coa súa parte á axuda doutras institucións e de cumprir os seus compromisos. Na miña experiencia como membro do goberno de Ribadeo no anterior mandato, e coa doutros compañeiros e compañeiras de mandatos anteriores, manter unhas contas saneadas sempre foi un obxectivo fundamental que despois nos permitía aplicar políticas sólidas de protección social, dinamización económica e creación de novas infraestructuras.
Empeza a dar a impresión de que todo isto está cambiando. Se a saúde económica do Concello vai decaendo será complicado reconducilo e, incluso, pode que nin se poidan facer brindes ao sol porque ninguén che queira vender viño (ou champán) por medo a cobralo … non se sabe cando!!!





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



