Ribadeo, 3 de abril, 2024. O BNG afirma que “nas últimas semanas fomos vendo como se lle acumulaba o traballo ao goberno municipal. Tivemos que saír en varias ocasións a reclamarlles máis celeridade na limpeza de camiños e zonas verdes, e na reposición de estragos provocados por temporais anteriores, para que o goberno municipal do PP comezase a reaccionar, aínda que tarde e mal. E ante a súa incompetencia non lles quedou outra que tirar de chequeira e volver a contratar servizos externos ao concello para que lles fagan o que eles non son quen de conseguir polos seus propios medios”.
“No canto de manter os logros dunha política de promoción turística reforzando unha oferta de calidade, de novo volven a promover eventos baseados na convicción de que, para que a xente nos visite, hai que facer boas enchentes. Nunha das fins de semana con máis afluencia, na que xa hai moita xente de visita, porque coñece o atractivo de Ribadeo en xeral e de Rinlo en particular, nun momento no que de seguro os restaurantes van poder servir moitos menús ou pratos á carta, xusto nese momento, o Concello encárgase de que se organice unha mexilloada. Estas políticas de promoción a través da oferta xenerosa dos nosos produtos poden ser contraproducentes si se deixan á improvisación. Non se pode andar argallando eventos dun día para outro. Ribadeo e, por suposto, Rinlo, teñen calidade e potencial turístico xa recoñecido grazas ao traballo constante e ben feito durante tanto tempo e non precisan destas propostas máis propias doutros tempos que do século XXI”.
“E tamén no contexto da Semana Santa temos que lamentar o uso indebido das redes sociais por parte do goberno municipal do PP. Tíñanos acostumados a solapar partido e goberno, pero nesta ocasión foise máis alá. Non acabamos de entender como quen tanto presume da súa formación no seminario puido esquecer tan axiña o “Dar a Deus o que é de Deus e a César o que é de César”. Tampouco acabamos de entender como quen xurou lealdade á Constitución poida esquecer tan axiña que vivimos nun estado aconfesional e nun Ribadeo aberto e diverso”.
“Precisamente o consenso para unha convivencia tolerante e aberta radica no feito de que as crenzas relixiosas forman parte do ámbito privado (por moitas manifestacións públicas que se poidan realizar de dito sentimento relixioso). Pero desde logo nunca poderán formar parte da información que emana das redes sociais do concello. Unha cousa é dar a coñecer os actos que se desenvolven en torno á celebración da Semana Santa e outra ben distinta é asumir como propio un discurso que resulta máis que comprensíbel no seo da propia Igrexa, pero non nun Concello. Non se poden mesturar de xeito tan ordinario os planos. Non se pode estar constantemente lanzando chiscadelas ao pasado. Unha vez máis, o alcalde volve mesturar allos con bugallos dándonos unha mostra da súa incompetencia ou quen sabe se ganas de encirrar”.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



