Ribadeo, 17 de abril de 2024. O Concello realizará melloras na Escola de Música, onde instalará un ascensor para eliminar as barreiras arquitectónicas. Este foi un dos asuntos abordados no pleno extraordinario de onte, no que os suplementos de crédito foron os protagonistas.
O alcalde, Dani Vega, contou que “na pasada noite celebramos un pleno extraordinario no que aprobamos orzamentos para seguir investindo, o que ven sendo aportar suplemento de crédito para seguir esa xestión na que estamos traballando neste pouco tempo que levamos no goberno”.
O rexedor subliñou que “actuaremos en infraestruturas. Falamos de estradas do noso rural, para as que debemos aportar orzamento propio. Vou poñer un exemplo, cando imos investir por parte da Xunta 164.000 euros, o Concello aporta 68.000 euros. Polo tanto necesitamos aprobar nas contas municipais a achega local. Ou cando queremos mellorar a Escola de Música, onde imos ter un orzamento da Xunta de 40.000 euros de convenio e tamén solicitamos unha subvención para eliminar as barreiras arquitectónicas coa instalación dun ascensor. Neste caso a maior porcentaxe é da Xunta, pero o Concello ten que achegar 8.000 euros”.
Vega engadiu: “ou a esperada subvención para arranxar o xulgado de paz. Levaban prometidas durante moito tempo subvencións do Goberno de España ou da Deputación, pero por desgraza non chegaron. Nos non queremos confrontar e seguiremos pedindo a esas administracións, pero solicitamos unha axuda á Xunta, de preto de 150.000 euros, pero o Concello ten que poñer 30.000 euros”.
O alcalde indicou que “entón estes 107.000 euros temos que contemplalos nos orzamentos de 2024 para seguir xestionando e investindo. E contemplar nos orzamentos os 70.000 euros de convenio para arranxar e conservar os espazos naturais e turísticos: o Cargadeiro, a praia dos Castros, As Illas, Esteiro… neste caso teremos un convenio no que o Concello non vai ter que aportar ningún euro, pero si que hai que contemplar este convenio nos orzamentos municipais”.
Vega manifestou: “seguimos xestionando, aprobando as contas en tempo e en forma e seguimos nutrindo de orzamento para seguir pagando as facturas. Isto é moi importante, xestionar orzamento, ter liquidez para seguir pagando esas facturas e seguimos contemplando orzamentos para ter programadas as licitacións: luces de Nadal, a Pancha… distintas licitacións que temos que facer e necesitamos aprobar nos orzamentos do 2024 toda esta inversión que iremos facendo paulatinamente”.






















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



