O voceiro popular en Trabada, José María Fernández, destaca esta actuación que servirá para mellorar o estado e a seguridade desta estrada autonómica
Trabada, 11 de abril de 2024. O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, destacou a achega de 90.000€ da Xunta de Galicia para o arranxo da estrada autonómica LU-132, ao seu paso por este municipio.
O voceiro popular, José María Fernández, destacou a importancia desta actuación xa que servirá para mellorar o estado desta estrada o que tamén repercutirá nunha mellora da seguridade para os seus usuarios.
O popular destaca que mentres dende o goberno autonómico se inviste na mellora das estradas autonómicas ao seu paso por Trabada, “na Deputación seguen instalados nunha parálise que, cando menos, chama a atención”.
José María Fernández recorda a situación na que se atopan as estradas LU-P-6103 e LU-P-6104, que precisan “dunha actuación urxente” algo que xa se reclamou en numerosas ocasións dende o PP de Trabado e dende o Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo debido ao seu estado e o perigo que supoñen. “Pese a todo vemos como José Tomé mira cara outro lado e seguen sen tocarse”, lamentou.
“A Xunta está preto dos veciños, mentres a Deputación segue sen cumprir coas súas competencias”, rematou.






















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.