A proxección deste filme de Mabel Lozano será ás 19:00, e ata o día 15 de abril poderase visitar a exposición co mesmo nome na propia sala multiusos do Concello
Viveiro, 3 de abril de 2024. O Concello de Viveiro proxectará, na sala multiusos, o documental contra a explotación sexual ‘Chicas nuevas 24h’, de Mabel Lozano. A proxección terá lugar ás 19:00 e está dirixida ao público xeral.
Xunto a este documental, a sala multiusos do Concello acolle así mesmo unha exposición co mesmo nome e sobre a mesma temática, que xa está dispoñible para a súa visita. A exposición permanecerá na sala ata o día 15 de abril.
Ademais, na mañá de hoxe, mércores 3 de abril, tivo lugar un taller formativo dirixido principalmente á xente moza a partir de 14 anos. Foi realizado co alumnado de 3º ESO do IES Vilar Ponte de Viveiro.
A directora e documentalista Mabel Lozano denuncia, tanto no documental como na exposición e o obradoiro derivados deste, o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas.
Estas iniciativas están impulsadas pola Rede de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero, da que forma parte o Concello de Viveiro. Está está impulsada á súa vez pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e no marco do Acordo de Colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia.
O obxectivo fundamental desta Rede é a busca do rexeitamento social e institucional da lacra que supón a violencia contra as mulleres, sensibilizando á poboación e buscando a súa implicación e compromiso real en contra da mesma, fomentando ao mesmo tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto a na igualdade.
Mabel Lozano é autora doutras longametraxes, curtametraxes, series, libros e podcasts; entre eles podemos destacar ‘AVA’, ‘Flores para concha’, ‘PornoXplotación’, ‘Biografía del cadaver de una mujer’, ‘Nunca más’, ‘El Proxeneta. Paso corto, mala leche’ ou ‘Loveth’. A denuncia da violencia contra a muller é un tema central da súa obra.
Ademais, ten creado e dirixido numerosas campañas de concienciación e sensibilización sobre a cuestión de violencia contra a muller para diferentes institucións.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



