O senador defendeu hoxe unha emenda a unha iniciativa do Partido Socialista coa que “os socialistas recoñecen que a provincia está castigada polo Ministerio”, pero que “se queda corta”
Madrid, 21 de maio de 2024. O senador por Lugo, José Manuel Balseiro, afea que “o PSOE lucense se negue a reclamarlle ao Goberno de Sánchez asumir compromisos concretos en materia de infraestruturas para a provincia”; a pesar de recoñecer de forma indirecta a través dunha iniciativa no Senado que a provincia de Lugo “está especialmente castigada polo Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible”.
Balseiro pediu o apoio do PSOE para “convencer ao inquilino da Moncloa” de que “Lugo non merece perder o tren, quedar sen AVE, sufrir as autovías e estradas nacionais peor conservadas de España”. Pero “o representante do PSOE quixo facer ver que Lugo está xogando na Champions en materia de infraestruturas, cando, como lucense, creo que está na rexional”.
“Todos os que percorren a provincia son conscientes dunha realidade indiscutible: o firme da A-6 cheo de baches e case impracticable -na zona da montaña, o carril dereito está invalidado-, as estradas nacionais acumulan queixas de condutores que sofren rebentóns e accidentes a diario e tamén de alcaldes de tódalas cores políticas”, apuntou o senador lucense.
Esta situación débese a que “o Goberno de Pedro Sánchez non fixo nada en materia de conservación do firme e tampouco foi capaz de manter o que deixaron feitos os Gobernos do PP”. Por iso, “urxe un plan extraordinario de rehabilitación de firmes e intensificar os programas de conservación e mantemento de tódalas estradas nacionais”.
ACTUACIÓNS CONCRETAS
O popular entende que o Partido Socialista recoñece coa súa iniciativa a necesidade de “impulsar todas as obras estatais pendentes”, pero “a súa proposta quédase corta” porque “non inclúe nin un só prazo, nin cronograma, nin compromiso concreto para dar resposta ás grandes débedas do Goberno de España coa provincia”.
O PP da un paso máis e concreta proxectos “estratéxicos” para garantir as comunicacións, a competitividade e o desenvolvemento do conxunto da provincia.
Os populares pedían que o PSOE apoiara a súa emenda para que “Lugo deixe de ser a única provincia galega excluída da alta velocidade, a única pola que non circulen os trens AVE ou Avril para o que é necesario recuperar as variantes de Os Peares-Canabal e Rubián previstas polo Goberno do Partido Popular”, ademais de mellorar a liña e o servizo do FEVE, integrar a provincia no Corredor Atlántico de Mercadorías e restablecer servizos e frecuencias eliminados durante a pandemia.
Así mesmo piden concretar actuacións como a finalización da A-54 neste ano, a reconstrución completa dos viadutos do Castro e a rexeneración da A-6 e das estradas nacionais, recuperar os proxectos das autovías A-56, A-74 e A-76 “que son só liñas nun papel pero sen cronogramas con prazos, inversións e previsión plurianual”.
Tamén propoñían dende o PP no Senado desbloquear por parte de entidades dependentes do Estado o Porto Seco de Monforte e implantar a gratuidade na AP-9 “cumprindo o compromiso do candidato del PSOE á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro”.
Balseiro puntualizou que “a Xunta leva anos conxelando peaxes nas autovías da súa competencia e o Goberno central leva anos subindo as peaxes na AP-9 cada 1 de xaneiro converténdoa nunha das máis caras de España”.
O BNG, AUSENTE
O senador popular afeou a falta de interese do BNG por defender dende o Senado as infraestruturas da provincia: “a pesar de que o señor Arroxo dicía estes días a través dos medios estar preocupado polas infraestruturas de Lugo, hoxe a representante do BNG nin sequera apareceu no debate” da Cámara Alta.
“O BNG demostra con feitos que non defende os intereses dos lucenses”, conclúe Balseiro.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



