Barreiros, 2 de maio de 2024. Hoxe tivo lugar a presentación do agardado “Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2024” no Concello de Barreiros. O evento contou coa presenza da alcaldesa, Ana Ermida; e o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García, xunto co coordinador da Fundación Celta de Vigo, Manu Gómez, e membros das directivas dos equipos locais colaboradores.
Dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, tanto do municipio como doutras localidades, o campus ofrece a oportunidade de mellorar a súa formación futbolística a través das metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Ademais, fomenta valores como o compañeirismo, a superación, xunto cunha educación integral.
O campus desenvolverase en Barreiros do 29 de xullo ao 2 de agosto, nos campos de fútbol dos equipos locais, Celta de Barreiros e Iberia. As inscricións xa están abertas e toda a información necesaria está dispoñible na web www.rccelta.es. O Concello de Barreiros ofrece un desconto de 32€ para ás crianzas empadroadas en Barreiros na data do 01/01/2024.
Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, expresou: “Estamos encantados de acoller por cuarto ano consecutivo este campus, que se converteu nunha actividade futbolística de base referente na Mariña. É unha oportunidade única para que as nenas e nenos da nosa comarca desenvolvan as habilidades deportivas mentres promoven valores esenciais como o traballo en equipo e o respecto”.
Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal, engadiu: “A continuidade deste campus en Barreiros é unha mostra do noso compromiso co deporte de base e coa formación integral da rapazada. Agradecemos ao RC Celta por confiar un ano máis no noso municipio como sede deste gran evento”.
O Concello de Barreiros agradece tamén a colaboración dos equipos de fútbol locais, o Celta de Barreiros e o Iberia, pola súa implicación e apoio continuo ao campus, evidenciando a importancia da cooperación entre diferentes entidades para fomentar o deporte de base en Barreiros.





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.


