Os deputados populares analizaron a Conta Xeral de 2023 que deixa datos moi preocupantes como os mínimos investimentos en mantemento de estradas e para a apertura de residencias
Lugo, 31 de maio de 2024. O Capítulo VI, o referido a investimentos, contempla unha previsión de inversión de 34.527.688,38€ que na realidade quedou en 14.718.413,62€, o 43% do orzamento, o que supón que deixaron sen investir na provincia case 20M€
Antonio Ameijide afirma que José Tomé, o PSOE e o BNG “non xestionan correctamente” os cartos da Deputación que “en lugar de supoñer unha mellora no día a día dos lucenses vemos que non se invisten adecuadamente en materias que se reclaman a diario como o arranxo das estradas provinciais ou a apertura das residencias comprometidas”
O goberno provincial debe ter “máis esmero” nas súas contas xa que hai un desfase entre ingresos e gastos de 586.694,86€, xa que ingresaron 108.985.007,56€ pero gastaron 109.571.702,42€ algo que de momento pode manterse porque “tiran de remanentes de anos anteriores pero que non se pode soster no tempo porque non sempre vai a haber remanentes dos que botar man”
No referente ao mantemento de estradas, PSOE e BNG so executaron o 77,94%: “que o goberno provincial non execute a totalidade do orzamento reservado para o mantemento e conservación dos máis de 4.300 quilómetros de estradas que ten é rirse dos lucenses vendo o mal estado que presentan e o perigosas que son”
Segundo a memoria do orzamento ao analizar a partida de estradas vemos un orzamento de 10.6M€, dos que o 47,63%, polo que os 5M€ restantes demostran “o nulo compromiso” do goberno provincial por manter estas vías de comunicación en bo estado: “66 dos 67 concellos da provincia teñen as estradas nun estado moi deficiente mentres socialistas e nacionalistas destinan os cartos a convenios cos seus amiguetes, o que pon en risco a seguridade de todos os lucenses”
No referente ás residencias, segundo a análise de actividades da memoria, destinaron 9.170.520€ (unicamente o 9,54% do orzamento provincial), unha cantidade na que a metade apórtana os usuarios, 3.8M€, e os concellos, 600.000€, polo que a achega da Deputación redúcese a 4.8M€: “Quéixanse de que gastan moito nas residencias, pero a realidade é que gastan máis do triplo en convenios con concellos amigos para mercar coches e pagar as festas, que nas residencias, un servizo fundamental”
O investimento na construción de novas residencias e melloras das existentes “é mínimo” xa que dos 14.961.937,87€ previstos para este fin unicamente executaron 1.466.312€, o 9,8% do total, “o que evidencia a falta de vontade por solucionar os problemas de mantemento das residencias e por abrir os centros de atención a maiores comprometidos”
O voceiro popular explica que na Conta Xeral de 2023 tamén se reflicte que unicamente se atenderon o 55% das peticións de solicitude de praza en residencias, mentres seguen pendentes as residencias de: Becerreá, Folgoso do Courel, Portomarín, Ferreira de Pantón, Guitiriz, A Pobra do Brollón, A Pontenova, Cervantes e Ourol






















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



