O secretario xeral para o Deporte apunta que “toda conduta violenta será sancionada” e que “a postura da Xunta é inamovible: tolerancia cero coa violencia”
Santiago, 11 de xuño de 2024. A Comisión Galega de Control da Violencia vén de abrir un período de información previa co fin de determinar coa maior precisión posible os feitos acaecidos o pasado domingo no campo da Fonte, en Cospeito, durante o partido de ascenso á Primeira Galicia da Real Federación Galega de Fútbol entre o Racing Vilalbés B e o C.D. San Ciprián. Neste sentido pedirase información á Garda Civil, aos clubs implicados e á federación deportiva correspondente.
O secretario xeral para o Deporte e presidente da Comisión Galega de Control da Violencia destacou a “unidade e o traballo conxunto” de todo o tecido deportivo en contra da violencia. Neste sentido informou da recepción de dous escritos dos clubs implicados no suceso amosando a súa condena do ocorrido e vontade de colaboración para esclarecer os feitos. Do mesmo xeito, o mandatario galego anunciou que xa tivo oportunidade de falar cos responsables da Real Federación Galega de Fútbol, xa que é a entidade que se ocupa do proceso disciplinario relativo ás persoas con licenza federativa (deportistas, árbitros, adestradores…) e que tamén reuniu ao seu comité de competición sobre este asunto nesta mesma mañá.
Lete Lasa apuntou ao finalizar á sesión que “toda conduta violenta será sancionada” e que “a postura da Xunta é inamovible: tolerancia cero coa violencia”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 


