As mariñás non estiveron acertadas neste segundo partido da semifinal dos Playoff polo Título de Liga
Burela, 8 de xuño, 2024. Ás 17.00h desta tarde, no pavillón municipal A Seca, de Poio, disputábase o segundo partido da semifinal dos Playoff polo Título de Primeira División Iberdrola, de novo o “Derbi dás Costas”, na outra “costa”, o Poio Pescamar FS – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final 3-0. Nun encontro no que as mariñás non lograron esa concentración que as caracteriza, cederon demasiado deixando ao Poio avantaxarse por tres tantos, un na primeira parte e dous na segunda.
No primeiro tempo o Burela comeza con ganas, xerando algunha ocasión aínda que non coa contundencia do primeiro partido en Vista Alegre, pero tras o primeiro tanto de Ale de Paz no minuto 14, nunha saída da porteira que dispara e Ale remata co tacón, non logran remontar a desconcentración e chegan ao descanso por detrás no marcador.
Segunda parte tamén frouxa para as de Julio Delgado que non logran empatar o encontro nin xerar moitas ocasións de perigo durante estes últimos 20 minutos, e aínda que o tentan nos primeiros 10, no 32, de novo de Ale de Paz, adianta a vantaxe no marcador rematando un pase de Laura Uña. Tempo morto solicitado polo adestrador salmantino que decide sacar á habitual Cilene como porteira-xogadora tentando levantar o encontro. Pero tras o primeiro ataque posicional o Poio consegue o 3-0 cun gol de Laura Uña que aproveita ben un balón perdido nun momento de desconcentración e descontrol posicional das Pícaras e chega soa a unha portería á que tenta chegar Caridad. Continúa tentándoo o conxunto burelense pero finalmente o Poio Pescamar faise co triunfo, decidíndose así a serie o próximo mártes no Vista Alegre.
O encontro retransmitiuse por Sinópsis Vuvuzela e pola TVG2.
Ficha Técnica Poio Pescamar FS 3-0 Pescados Rubén Burela FS
Poio Pescamar FS (3): Elena; Ale de Paz, Irene (C), Rocío Gómez, Laura Uña -cinco inicial-, Martita, Elena Aragón, Carla Ayensa, Saki, Lara Balseiro, Sandra Buzón . Entrenador: Luís López-Tulla
Pescados Rubén Burela FS (0): Caridad; Irene Samper, Patricia, Noelia Montoro, Emilly – cinco inicial-, Dany (C), Cilene, Cami, Antía Pérez, Cris Blanco, Aroa, Rafinha, Ana Eliza. Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 1-0, min.14: Ale de Paz. 2-0, min.32: Ale de Paz. 3-0, min.34: Laura Uña.
Árbitros: Mayra Camila Araujo, Héctor Vilas, Nicolás Villegas, Germán Fernández.
TA: Rocío Gómez, Elena Aragón, Luís López-Tulla, Elena.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 


