Ribadeo, 4 de xuño de 2024. Todo está listo para a celebración da cuarta edición do Ribadeo Ilustrado do 6 ao 8 de xuño. Haberá música, charlas e un paseo teatral e musical entre o Pazo de Ibáñez e o Forte de San Damián. A cita estará dedicada a Antonio Raimundo Ibáñez, fundador da Real Compañía Marítima.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “xa temos todo listo para a celebración da cuarta edición do Ribadeo Ilustrado, dedicado a Antonio Raimundo Ibáñez, fundador da Real Compañía Marítima. O programa de actividades dará comezo o 6 de xuño, este xoves, cun concerto da Orquestra de Cámara Galega na igrexa parroquial a partires das nove menos cuarto da noite”.
Saiz seguiu a relatar que “xa o venres pola tarde ás seis e dez na Casa do Concello terá lugar a presentación do libro As máscaras de Ibáñez, o Marqués de Sargadelos que nunca foi, a cargo de Avelaiña Teatro, que despois representarán a obra do mesmo título ás 20:30 horas no auditorio municipal. E ás sete o ribadense Alberto Paraje, secretario da Asociación de Estudos Históricos de Galicia, falará sobre O Ribadeo de hai 300 anos visto polos ilustrados”.
A edil ribadense contou que “e o sábado, si o tempo o permite, gozaremos dun paseo teatral e musical Ribadeo Ilustrado entre o Pazo de Ibáñez e o Forte de San Damián a partir das 11:30 da mañá e no que contaremos cunha ducia de grupos musicais e teatrais así como de guías oficiais. A todas esas persoas queremos agradecerlles a súa participación nesta cita, que rematará cunha degustación da época. Lembrar que disporemos tamén dun minibús para a viaxe de volta ata a Praza de España”.
Marta Saiz anima a participar no Ribadeo Ilustrado: “desde o Concello animamos a ribadenses e visitantes a disfrutar da cuarta edición do Ribadeo Ilustrado, que con tanto agarimo preparamos desde a Concellería de Turismo”.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



