A xornada comezará ás 18.00 horas e estará amenizada polo concerto de Carolina Rubirosa Trío
Vilalba, 20 de xuño de 2024. O Concello de Vilalba vén de axendar a inauguración das novas piscinas exteriores da área recreativa da Madalena para o vindeiro sábado, 22 de xuño, cunha xornada aberta a todo o público que estará amenizada polo concerto de Carolina Rubirosa Trío.
Logo da apertura das instalacións, o pasado sábado 15 de xuño, a veciñanza puido gozar de 5 días de portas abertas para coñecer todos os detalles das novas piscinas do municipio vilalbés. Non obstante, as condicións meteorolóxicas impediron que os visitantes aproveitaran a súa visita para darse o seu primeiro baño.
Por ese motivo, a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco anunciou que “as xornadas de portas abertas ampliaranse ata o vindeiro sábado, 22 de xuño, incluído; para que, se a meteoroloxía nos acompaña, os vilalbeses e vilalbesas poidan darse o seu primeiro baño nas piscinas”.
Así mesmo, a rexedora quixo “convidar a toda a veciñanza a que se achegue este sábado á inauguración oficial das instalacións, na que ademais contaremos coa marabillosa voz de Carolina Rubirosa, a partir das 18.00 horas”.
Pola súa banda, á inauguración tamén estará convidado o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, como representante da institución cuxa aportación económica foi fundamental para sacar adiante este proxecto. Así mesmo, todas as forzas políticas que conforman a corporación municipal estarán tamén convidadas.
HORARIO PISCINAS
Durante o día de hoxe, xoves 20 de xuño, e de mañá, venres 21, permitirase o acceso ás piscinas de forma libre e gratuíta en horario de 12.00 a 20.00. Pola súa banda, o sábado 22, o acceso tamén será gratuíto de 12.00 a 17.00, cando as instalacións terán que pechar para proceder á montaxe e organización do acto de inauguración. Posteriormente, a partir das 18.00, todos e todas estarán convidados a gozar xunto ás piscinas do concerto de Carolina Rubirosa Trío.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



