O PP alerta desta situación e da mala imaxe que está a causar do municipio
Foz, 4 de xullo de 2024. As redes sociais en Foz botan lume pola falta de limpeza no pobo. O Grupo Municipal do Partido Popular alerta desta situación na que se atopa o municipio, totalmente abandonado por parte do bipartito local, e que está a causar moi mala imaxe.
Sucidade nas rúas, praias e accesos sen limpar, aparcadoiros con escombros, baches sen reparar, tráfico caótico con cambios de sentido; así se posicionan nas redes veciños e turistas que lamentan o estado do pobo no inicio do verán.
“Desde o Partido Popular levamos meses advertindo desta situación, solicitando ao goberno local de PSOE e BNG que adecente o pobo e o volvemos a trasladar novamente, a través dun rogo no último pleno, pero parece que o señor Cajoto vive na súa burbulla e non quere escoitar o que é evidente e ‘volveuno a coller o toro’, expón o voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira.
Os populares solicitan ao bipartito que, de maneira urxente, se poñan a traballar na limpeza do municipio e que subsanen, na medida do posible, a imaxe tan danada que está a quedar de Foz.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



